Olympique Lyonnais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Olympique Lyon")
Olympique Lyonnais
Nome Olympique Lyonnais
Alcume(s) Les Gones
Fundación 1899/1950
Estadio Stade Gerland,
Lión, Francia
Inauguración 1920
Capacidade 40.500
Presidente Francia Jean-Michel Aulas
Adestrador Francia Rémi Garde
Liga Ligue 1
2012–13
Vestimenta Adidas
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Terceira

O Olympique Lyonnais ou Olympique de Lyon é un club de fútbol da cidade francesa de Lión, no departamento de Ródano. Foi fundado en 1950 e xoga na Ligue 1.

Historia[editar | editar a fonte]

O Olympique de Lión, club polideportivo, foi fundado en 1899 co nome de Lyon Olympique. En 1910 cambiou o seu nome a Lyon Olympique Universitaire. En 1942 o equipo volveuse profesional e en 1950 cambiou finalmente o nome polo actual.

Debutou na Ligue 1 na tempada 1945/1946. En 1964 gañou o seu primeiro título: a Copa de Francia. Cabe destacar que o seu primeiro título de Primeira División Francesa chegou recentemente na tempada 2001/02. Desde entón, tivo un extraordinario refacho de 7 títulos consecutivos, que acabou co terceiro lugar conseguido na tempada 2008-09. Así, o Lión converteuse no club con máis títulos obtidos de forma consecutiva (7).

Na tempada 2009-10 clasifícase por primeira vez á semifinal da Liga de Campións da UEFA ao vencer ao Girondins de Bordeaux cun resultado global de 3-2.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta branca con dobre franxa horizontal vermella e azul, pantalón e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta con parte superior negra e parte inferior vermella, pantalón e medias vermellas.
  • Uniforme europeo: Camiseta azul mariño con dobre franxa horizontal vermella e azul, pantalón e medias azul mariño.
  • Uniforme alternativo 2: Camiseta café, pantalón café e medias café.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Stade Gerland.

O Stade Gerland, propiedade do Municipio de Lión, é o estadio local do Olympique de Lyon. Foi deseñado por Tony Garnier e comezouse a construír en 1913, aínda que se tivo que deter debido ao comezo da Primeira Guerra Mundial. En 1919 retomáronse as construcións coa axuda de varios prisioneiros de guerra alemáns. Ao ano seguinte o estadio xa estaba en funcionamento.

Orixinalmente, o estadio non tiña áreas para asentos e tivo varias remodelacións co correr do tempo. A pista de ciclismo que orignialmente rodeaba a cancha de fútbol tivo que ser eliminada en 1960 para poder ampliar o número de asentos a 50.000. En 1998, con ocasión do Mundial de Francia 1998, a FIFA ordenou que todos os estadios do Mundial terían que ser capaces de albergar a todos os seus espectadores sentados. Para poder cumprir tales mandamentos, o estadio tivo que ser novamente remodelado. A pista de atletismo, que substituíra á pista de ciclismo, tivo que ser eliminada; ademais, remodeláronse por completo as tribunas Norte e Sur. Tras finalizar as obras, a nova capacidade o estadio foi de 44.842 espectadores.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro 2011/12[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
1 POR Francia Hugo Lloris
3 DEF Flag of Brazil.svg Cris Captain sports.svg
4 DEF Flag of Burkina Faso.svg Bakary Koné
5 DEF Croacia Dejan Lovren
6 MED Flag of Sweden.svg Kim Källström
7 MED Francia Clément Grenier
8 MED Francia Yoann Gourcuff
9 DIA Flag of Argentina.svg Lisandro López
10 MED Flag of Brazil.svg Ederson
11 MED Flag of Brazil.svg Michel Bastos
12 DEF Francia Timothée Kolodziejczak
13 DEF Francia Anthony Réveillère
14 DEF Francia Mouhamadou Dabo
15 MED Francia Gueïda Fofana
16 POR Suíza Jérémy Frick
17 DIA Francia Alexandre Lacazette
Posto País Xogador
18 DIA Francia Bafétimbi Gomis
19 DIA Francia Jimmy Briand
20 DEF Francia Aly Cissokho
21 MED Francia Maxime Gonalons
22 MED Flag of Mali.svg Sidy Koné
23 DEF Francia Samuel Umtiti
24 MED Francia Jérémy Pied
26 DEF Flag of Ghana.svg John Mensah
27 DIA Francia Yannis Tafer
28 POR Francia Mathieu Valverde
30 POR Francia Rémy Vercoutre
36 DEF Francia Hamdan Al Kamali
37 DEF Francia Thomas Fontaine
40 POR Flag of Portugal.svg Anthony Lopes
55 DEF Francia Amos Youga

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]