Oedemera nobilis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oedemera nobilis, femia

Oedemera nobilis é unha especie de escaravellos da familia Oedemeridae,[1][2] unha especie común en Europa occidental, incluíndo o sur de Inglaterra.[3][4]

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

O macho de Oedemera nobilis, como na maioría das especies de Oedemera, posúe uns fémures posteriores moi inchados, mentres que nas femias son delgados; os élitros están moi estreitados cara aos ápices e non ocultan o segundo par de ás membranosas. É de cor verde viva, frecuentemente cun ton dourado ou cobre; algúns individuos son azuis ou violetas. Só se pode confundir con Oedemera flavipes, do cal difire na súa cor, así como pola longa pubescencia branca da cabeza, pronoto e tibias posteriores dos machos.

Bioloxía e ecoloxía[editar | editar a fonte]

Abunda en primavera sobre varias especies de flores; os machos son moi rechamantes polos seus fémures inchados e cor verde brillante. Aliméntase de pole e néctar de plantas Asteraceae, Cyperaceae, Convolvulaceae, Cruciferae, Dipsacaceae, Scrophulariaceae, Poaceae, Papaveraceae, Plantaginaceae, Rosaceae, Rubiaceae e Apiaceae. As larvas desenvólvense en talos secos de Spartium e Cirsium.

Distribución[editar | editar a fonte]

Europa occidental e do sur, desde a Península Ibérica a Grecia; é moi común nos países mediterráneos e penetra en Europa central ata a metade de Alemaña e as Illas Británicas; chega a Dinamarca, onde é raro e esporádico. Tamén se rexistrou no Maghreb. Está ausente nos países alpinos e no leste de Europa.[4]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "False Oil Beetle - Oedemera nobilis". Brickfields Country Park. 2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 4 de xuño de 2014. 
  2. "Swollen-thighed Beetle - Oedemera nobilis". NatureSpot. 2014. Consultado o 29 de maio de 2020. 
  3. Vázquez, X. A. 1993. Coleoptera: Oedemeridae, Pyrochroidae, Pythidae, Mycteridae. Fauna Ibérica, vol. 5. Ramos, M. A. et al. (Eds.). Museo Nacional de Ciencias Naturales, CSIC, Madrid, 181 pp. ISBN 84-00-06109-8
  4. 4,0 4,1 Vázquez, X. A. 2002. Fauna of European Oedemeridae. Argania editio, Barcelona, 178 pp. ISBN 84-931847-4-8

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]