Maghreb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maghreb

O Maghrebe ou Magrebe, identificado xeralmente coa África do Norte, engloba a rexión deste continente por riba do deserto do Sáhara. Na época do imperio romano, era coñecido como África menor. A palabra provén do vocábulo árabe Mahrib que significa "lugar do pór do sol" ou sexa, a rexión que, na altura en que o vocábulo terá nacido, estaba máis a occidente do mundo islámico, opóndose ao Iemen, que significa "dereita".

Ao longo do mar Mediterráneo, inclúe, hoxe en dia, Marrocos, Alxeria e Tunicia. Algunhas veces, ao incluírse Mauritania e mais Libia, tamén se chama Maghreb ao que, para ser máis específico, se designa por Grande Maghreb.

Xeografía física[editar | editar a fonte]

O Maghreb está limitado polo Mar Mediterráneo a norte, polo Océano Atlántico a oeste, polo Golfo de Gabes a leste e polo deserto do Sáhara a sur. A grande cordilleira do Atlas, coas súas ramificacións separadas por planaltos con preto de 1000 metros de altitude, esténdese na súa parte occidental. É unha zona de clima mediterráneo, con precipitacións escasas, salvo en zonas montañosas viradas para a zona litoral. Aliás, sen as condicións proporcionadas polo mediterráneo (clima, agricultura, transportes) dificilmente se imaxinarían as zonas máis poboadas: Orán, Bona, Alxer e as planicies do Gharb e do Sahel.

Xeografía humana[editar | editar a fonte]

Os habitantes do Maghreb son basicamente, árabes e bérberes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Ibn Khaldun - Historiador desta rexión no século XIV.