O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa literatura que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha | ||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha, máis coñecido simplemente como Don Quixote da Mancha, é unha popular obra de Miguel de Cervantes, considerada unha das obras mestras da literatura universal.
A obra conta as fazañas do fidalgo Don Quixote, a cabalo do seu roncel Rocinante e sempre seguido polo seu fiel escudeiro, Sancho. A obra parte dun tempo onde as historias de cabaleiría son só contos fantásticos e afastados, e dun lugar onde o apremio por vivir ó día fai imposible concibir, fóra dos relatos, os altos ideais que caracterizaban á cabaleiría.
Orixinalmente foi publicada en dúas partes. A primeira foino en 1605, logo de tela enxendrado nos seus períodos no cárcere. A segunda parte saíu do prelo en 1615.
Con esta novela, Cervantes delimita o realismo como estética e dá pé á novela moderna.
