The Da Vinci Code (videoxogo)
The Da Vinci Code é un videoxogo para PlayStation 2, Xbox e Microsoft Windows desenrolado por The Collective, Inc. e publicado por 2K Games. Baseado na novela O código Da Vinci de Dan Brown, o xogo non está asociado co filme homónimo, e por iso os personaxes non se asemellan fisicamente ós dos filmes. Ademais, existen algunhas diferenzas entre a novela e o xogo, como que no canto de "Opus Dei", o nome da seita no xogo é "Manus Dei". O xogo foi estreado o 19 de maio de 2006 en Norte América, e o 16 de maio de 2007 en Europa.
Índice |
Modo de xogo [editar]
The Da Vinci Code é un xogo de acción e aventuras en terceira persoa. A súa historia está baseada sobre todo no libro, e algo menos no filme, aínda que numerosos elementos e eventos narrativos do xogo non aparecen en ningún dos dous.
O obxectivo do xogo, ó igual que no libro e o filme, é localizar o Santo Graal. Para conseguilo, o xogador debe reunir pistas, solucionar crebacabezas e evadir ou derrotar inimigos.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha en GameFAQs (en inglés)
- Ficha en MobyGames (en inglés)