O bico (Klimt)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gustav Klimt 016.jpg
O bico
(Der Kuss)
Gustav Klimt, 1907-08
óleo sobre tea
180 × 180 cm
Österreichische Galerie Belvedere
Flag of Austria.svg Viena (Austria)

O bico (orixinal en alemán: Der Kuss) é unha obra do pintor austríaco Gustav Klimt e probablemente a súa obra máis coñecida. É un óleo sobre lenzo de 180 x 180 centímetros, realizado entre 1907-08.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Esta obra, que segue os canons do Simbolismo, é unha tea con decoracións e mosaicos e fondo dourado.

Está exposta na Österreichische Galerie Belvedere de Viena.

Na bibliografía recente interpretouse este lenzo, dende a óptica da iconografía, como unha representación simbólica do intre no que Apolo bica á ninfa Dafne que se está convertendo en loureiro, de acordo co relato da metamorfose de Dafne que se atopa na obra de Ovidio. Esta obra complétase coa do friso de Klimt no comedor do palacio Stoclet de Bruxelas, no que a metamorfose da parella se consuma e nace un novo loureiro. Esta perspectiva, apoiada na literatura, dá un sentido a esta obra de Klimt nun contexto iconográfico, non só metafórico, da historia da arte.

O devandito cadro tivo gran influencia no vídeo da abertura do anime Elfen Lied. Existe, así mesmo, unha canción, "O bico de Klimt", inspirada neste cadro, e obra da artista madrileña Virjinia Glück.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Vives Chillida, Julio, El beso (los enamorados) de Gustav Klimt. Un ensayo de iconografía; Editorial Lulu.com, xuño de 2008, ISBN 978-1-4092-053. Este ensaio pode visualizarse na súa totalidade en lulu.com.