O último samurai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O último samurai
Título orixinal The Last Samurai
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Edward Zwick
Produtor Edward Zwick
Marshall Herskovitz
Tatiana Le-bour
Paula Wagner
Scott Kroopf
Tom Engelman
Guión John Logan
Edward Zwick
Marshall Herskovitz
Baseado en
Intérpretes Tom Cruise
Ken Watanabe
Shin Koyamada
Billy Connolly
Tony Goldwyn
Timothy Spall
Koyuki
Masato Harada
Togo Igawa
William Atherton
Seizo Fukumoto
Scott Wilson
Shun Sugata
Hiroyuki Sanada
Música Hans Zimmer
Fotografía John Toll
Montaxe Victor Du Bois
Steven Rosenblum
Estudio Radar Pictures
Bedford Falls Company
Cruise/Wagner
Distribuidor Warner Bros. Pictures
Ano Flag of the United States.svg 5 de decembro de 2003
Galicia 30 de xaneiro de 2008 (TVG)
Duración 154 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Drama, Épico
Orzamento $140.000.000[1]
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

O último samurai (na versión orixinal The Last Samurai) é un filme americano dirixido e co-producido por Edward Zwick, quen tamén co-escribiu o guión baseado na historia de John Logan. Está protagonizado por Tom Cruise (tamén é produtor) no papel do soldado americano Nathan Algren, cuxos conflitos persoais e emocionais o porán en contacto cos guerreiros samurai durante a Restauración Meiji do Xapón entre 1876 e 1877. Tamén interveñen no filme os actores Ken Watanabe, Shin Koyamada, Tony Goldwyn, Hiroyuki Sanada, Timothy Spall, e Billy Connolly. O argumento do filme está inspirado na Rebelión Satsuma de 1877 levada a cabo por Saigō Takamori, nas historias de Jules Brunet, un capitán da armada francesa que loitou a carón de Takeaki Enomoto na anterior Guerra Boshin e en Frederick Townsend Ward, un mercenario estadounidense que axudou a occidentalizar o exército chinés mediante a formación da Ever Victorious Army.

Estreouse en galego na TVG o 30 de xaneiro de 2008.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

1870. O capitán Nathan Algren é un home sen obxectivos. As batallas que librou noutro tempo parecen agora distantes e inútiles. Arriscou a súa vida na Guerra Civil Estadounidense e nas campañas contra os indios, pero, dende entón, o mundo cambiou radicalmente: o pragmatismo substituíu ó valor, o interese persoal ocupou o lugar do sacrificio, e o honor é unha palabra doutro tempo. Nun país afastado, outro soldado ve como o seu modo de vida está a piques de desintegrarse. É Katsumoto, o último líder dunha antiga caste de guerreiros, os venerados samurais, que adicaron as súas vidas a servir ó emperador e ó seu país.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Tom Cruise como o capitán Nathan Algren, un soldado americano veterano da Guerra Civil Estadounidense e das Guerras Indias.
  • Ken Watanabe como o líder samurai Moritsugu Katsumoto
  • Shin Koyamada como Nobutada, o fillo de Katsumoto que é o señor da pequena vila onde os samurai están acampados e onde teñen retido a Algren. Katsumoto, o líder samurai, encoméndalle a Nobutada ensinarlle a Algren a cultura e a lingua xaponesa. El é asasinado durante o rescate de Katsumoto.
  • Tony Goldwyn como Tenente Coronel Bagley, Capt. Oficial ó mando de Algren no rexemento do 7th Cavalry.
  • Masato Harada como Omura, un empresario e político proreformista que rexeita a antiga orde samurai e o shogun.
  • Nakamura Shichinosuke II como Emperador Meiji.
  • Hiroyuki Sanada como Ujio, un dos máis adicados, leais e feros samurai de Katsumoto. El ensina a Algren o arte samurai da loita con katana.
  • Timothy Spall como Simon Graham, o tradutor entre o Capitán Algren e os seus soldados xaponeses.
  • Seizo Fukumoto como Samurai silencioso, un home vello asignado para seguir a Algren (quen máis tarde ao alcumaría samurai "Bob").
  • Koyuki como Taka, irmá de Katsumoto e esposa do samurai Hirotaro, ó cal matou Nathan.
  • Billy Connolly como Sarxento Zebulon Gant, un ex-soldado leal a Algren
  • Shun Sugata como Nakao, un alto samurai coñecedor do jujutsu e a naginata, que toma parte no rescate de Katsumoto.
  • Satoshi Nikaido como o N.C.O., un dos primeiros soldados adestrados por Algren.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • 2003: 4 nomeamentos ó Oscar, incluíndo mellor actor de reparto, vestiario, son.
  • 2003: 3 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor actor de reparto, actor de drama, bso.
  • 2003: National Board of Review: Mellor director (Edward Zwick).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]