Guerra Boshin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samurais durante o período bélico coñecido como guerra Boshin.

A guerra Boshin (xaponés: 戊辰戦争, Boshin Sensō, "Guerra do Ano do Dragón") é o nome dado á guerra civil acaecida entre 1868 e 1869 no Xapón entre os partidarios do goberno do Shogunato Tokugawa no poder e a facción que pretendía a devolución do poder político á corte imperial. A guerra tivo a súa orixe na insatisfacción existente entre moitos nobres e novos samurais co trato aos estranxeiros por parte do goberno como consecuencia da apertura do Xapón na década precedente.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Boshin (戊辰) é un termo que designa ao quinto ano do ciclo sesaxenario no calendario tradicional do leste asiático.[1] Así, a expresión boshin sensō 戊辰戦争 fai referencia ao ano no que comezou o conflito, o cuarto ano da era Keiō ou, a partir de outubro, o primeiro ano da era Meiji.[2]

Armamento e uniformes[editar | editar a fonte]

As forzas de Chōshū e Satsuma estaban equipadas con armamento moderno, como canóns Armstrong, fusís Minié e un canón Gatling.[3] As forzas do shogunato posuían un armamento máis antigo, aínda que unha recente embaixada militar francesa adestrara varias unidades de elite.[3] O shōgun contaba tamén con tropas aliadas, polo que o seu exército tiña elementos tanto modernos coma anticuados.[3][4]

Armas individuais[editar | editar a fonte]

Armamento empregado durante a guerra boshin
Armamento empregado durante a guerra boshin

O Xapón importou numerosas armas modernas, coma mosquetes e fusís, de países tan variados como Francia, Alemaña, Holanda, Reino Unido e os Estados Unidos; estas coexistiron con armamento tradicional, coma o arcabuz tanegashima.[3] A meirande parte das tropas shogunais empregaron mosquetes, arredor de 200.000 dos cales se mercaran con posterioridade ao ano 1600.[3]

As primeiras armas modernas foron importadas cara ao 1840 dende os Países Baixos polo reformista occidentalista Takashima Shūhan.[3][5] Porén, o daimyō de Nagaoka, aliado do shōgun, posuía dous canóns Gatling e varios miles de fusís.[3][6] Ademais, o shogunato mercara 30.000 fusís Dreyse no 1866.[7] Napoleón III enviou a Yoshinobu uns 2.000 fusís Chassepot, que este usou para equipar á súa garda persoal.

As tropas imperiais utilizaron principalmente fusís Minié, que eran máis precisos e letais, e posuían un rango de disparo superior ao dos mosquetes, aínda que tamén estaban limitados a dous tiros por minuto. Non obstante, as tropas de Chōshū empregaron fusís Snider, cun sistema mellorado de recarga que permitía até dez disparos por minuto, na batalla de Ueno en xullo do 1868. Durante a segunda metade do conflito, na rexión nordeste, as tropas de Tosa usaron fusís de repetición Spencer.[8] Así mesmo, armas de fabricación estadounidense coma o Smith & Wesson N.º 2 foron populares entre as forzas de Satsuma.[8]

Artillaría[editar | editar a fonte]

Un fusil Minié británico usado na guerra boshin.
Un fusil Minié británico usado na guerra boshin.
Morteiro con proxectil usado na guerra boshin
Morteiro con proxectil usado na guerra boshin

No referente á artillaría, empregáronse canóns de madeira, que só podían lanzar tres ou catro disparos antes de estoupar, xunto con canóns Armstrong modernos. Estes últimos foron empregados con eficiencia polas tropas de Satsuma e Saga durante todo o conflito. Tanto as forzas imperiais como as shogunais usaron tamén canóns nativos xaponeses, que levaban manufacturándose no arquipélago dende o 1575.[9]

Buques de guerra[editar | editar a fonte]

No eido naval, houbo tanto acoirazados modernos (coma o célebre Kōtetsu) coma barcos de vapor máis anticuados, e incluso veleiros tradicionais.[10][11] O shogunato comezou a guerra cunha armada máis moderna, e ademais mercou o devandito Kōtetsu; porén, as potencias estranxeiras bloquearon a entrega do navío aducindo a súa neutralidade.[11] O barco sería finalmente entregado á facción imperial pouco despois da batalla de Toba-Fushimi.[11]

Uniformes[editar | editar a fonte]

Os uniformes das tropas modernizadas eran de estilo occidental (en xeral escuros, con variacións na forma do casco: alto e cónico para Satsuma, plano e cónico para Chōshū, arredondados para o shogunato).[3] Os oficiais shogunais adoitaban vestir uniformes franceses e ingleses. Con todo, as tropas tradicionais mantiveron as roupas dos samurai.[3] Algúns dos soldados imperiais vestían peculiares toucados con pelos longos e de cores, chamados "de oso". Os "osos vermellos" (赤熊 shaguma) pertencían aos oficiais de Tosa; os "osos brancos" (白熊 haguma), aos de Chōshū; e os "osos negros" (黒熊 koguma), aos de Satsuma.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "戊辰(ぼしん)とは? 意味・読み方・使い方をわかりやすく解説 - goo国語辞書". goo辞書 (en xaponés). Consultado o 2024-01-28. 
  2. Louis-Frédéric (2002). Japan Encyclopedia (en inglés). Harvard University Press. ISBN 978-0-674-01753-5. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Esposito, Gabriele (2020-03-19). Japanese Armies 1868–1877: The Boshin War and Satsuma Rebellion (en inglés). Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4728-3706-6. 
  4. Ravina, Mark (2011-03-29). The Last Samurai: The Life and Battles of Saigo Takamori (en inglés). Wiley. ISBN 978-1-118-04556-5. 
  5. Jansen, Marius B. (2009-07-01). The Making of Modern Japan (en inglés). Harvard University Press. ISBN 978-0-674-03910-0. 
  6. Ph.D, Constantine Nomikos Vaporis (2019-03-14). Samurai: An Encyclopedia of Japan's Cultured Warriors (en inglés). Bloomsbury Publishing USA. ISBN 978-1-4408-4271-9. 
  7. Hellyer, Robert; Fuess, Harald (2020-05-07). The Meiji Restoration: Japan as a Global Nation (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-1-108-47805-2. 
  8. 8,0 8,1 "幕末維新ミュージアム「霊山歴史館」". 幕末維新ミュージアム「霊山歴史館」 (en xaponés). Consultado o 2024-01-28. 
  9. Perez, Louis G. (2013-01-08). Japan at War: An Encyclopedia (en inglés). Bloomsbury Academic. ISBN 978-1-59884-741-3. 
  10. "幕府海軍". web.archive.org. 2006-09-23. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2006. Consultado o 2024-01-28. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Keene, Donald (2005-06-14). Emperor of Japan: Meiji and His World, 1852–1912 (en inglés). Columbia University Press. ISBN 978-0-231-51811-6. 
  12. Gonick, Gloria (2002). Matsuri! Japanese Festival Arts (en inglés). UCLA Fowler Museum of Cultural History. ISBN 978-0-930741-91-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]