Nanao
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Nanao na prefectura de Ishikawa | |||
| Localización da prefectura de Ishikawa no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Chūbu, Rexión de Hokuriku | ||
| Prefectura | Prefectura de Ishikawa | ||
| Superficie | 318,01 km2 | ||
| Poboación | 58.978 (2009) | ||
| Densidade | 185 h/km² | ||
| Alcalde | Bunpei Takemoto | ||
Nanao (七尾市, ななおし, Nanao-shi) é un concello da prefectura de Ishikawa no Xapón. Está situada ó nordés da prefectura, na península de Noto, na parte Hokuriku na rexión de Chūbu e no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 318,01 km² e a poboación de 58.978 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 185 h/km².
O concello de Nanao limita cos concellos de Anamizu, de Shika, de Nakanoto (son da prefectura de Ishikawa); e de Himi (da prefectura de Toyama).
Cidades irmandadas [editar]
Jinzhou, Dalian, Liaoning, China
Gimcheon, Gyeongsang do Norte, Corea do Sur
Bratsk, Óblast de Irkutsk, Rusia
Monterey, California, EE.UU.
Morgantown, Kentucky, EE.UU.