Muiñeira de Chantada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A "Muiñeira de Chantada" é unha peza tradicional da música tradicional galega.

Historia[editar | editar a fonte]

A muiñeira foi composta en 1865 polos irmáns Manuel e Antonio Fernández, da Banda do Ferraias. Foi estreada nas festas da parroquia de Veiga (Chantada), e Vitoriano Fernández García, fillo de Manuel, adaptouna a partitura.

A peza foi popularizada polos Gaiteiros de Soutelo, os irmáns Cachafeiro, que en 1928 fixeron a primeira gravación da peza. En 1978 foi gravada de novo polo grupo Son Lalín, creado para o selo Xeira polo produtor coruñés Gustavo Ramudo con músicos de estudio. Fixeron unha versión pop con instrumentación de baixo e batería e con acompañamento electrónico, que tivo sona en discotecas e vendeu máis de cinco millóns de discos.[1]. Esta versión aparece tamén no capítulo final da serie Fariña.

A muiñeira foi adaptada, entre outros, por Milladoiro, Carlos Núñez e The Chieftains[2], Susana Seivane,[3] Cristina Pato ou a Real Banda de Gaitas[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Muiñeira", en Galicia Única, 9 de novembro de 2010 (en castelán)
  2. "Alborada Gallega" e "Muiñeira de Chantada", Carlos Núñez e The Chieftains.
  3. "Muiñeira de Chantada", Susana Seivane.
  4. "Alborada Gallega" e "Muiñeira de Chantada", Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]