Os Gaiteiros de Soutelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os gaiteiros de Soutelo
OrixeSoutelo de Montes, Galicia Galicia
Xénero(s)Música tradicional galega
MembrosAvelino Cachafeiro
Castor Cachafeiro
Bautista Cachafeiro
Fermín Cachafeiro
Na rede
Musicbrainz: c9bc8f14-e1d3-4b94-994c-ff41874c7518 Discogs: 4177565 Editar o valor em Wikidata


Os Gaiteiros de Soutelo foi un grupo musical de Soutelo de Montes activo entre 1919 e 1936, dos primeiros cuartetos de gaitas, que supuxeron unha revolución estética e musical.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os gaiteiros de Soutelo cara a 1927.

O iniciador desta saga de músicos populares orixinarios de Soutelo de Montes foi o pai dos gaiteiros que, xunto aos seus fillos, adoitaba amenizar os días grandes das festas da época, xa que era un grupo infrecuentemente grande e que xa contaba cunha grande sona naquela Terra de Montes. Introducía outras novidades: incorporaba unha muller coma cantante, a irmá. A presenza dunha muller nos grupos musicais non era habitual aló polo 1925.

Os compoñentes eran Avelino Cachafeiro -director, compositor e a alma do grupo-, os seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e redobrante), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se xuntaba a eles para tocar o pandeiro.

Cara a 1928 gravaron para a compañía Regal as seguintes pezas:

  • "Foliada de Barro de Areu".[1] Solo de gaitas e canto.
  • "La Alfonsina". Muiñeira. Dúo de gaitas.
  • "Eicho de dar queridiña". Foliada. Dúo de gaitas.
  • "A volta da festa" (pasarrúas). Dúo de gaitas.
  • "Estróupeles-Tróupele". Muiñeira. Dúo de gaitas.
  • "Rianxeira". Foliada Rías Baixas. Dúo de gaitas.
  • "Fandango de Pontevedra". Dúo de gaitas.
  • "Muiñeira de Chantada". Solo de gaita por Avelino Cachafeiro
  • "Foliada de Luxán". Dúo de gaitas.
  • "Farruquiña, chaman á porta". Muiñeira. Dúo de gaitas.
  • "Foliada de Tenorio". Solo de gaita e canto.
  • "Alborada de Rosalía de Castro". Dúo de gaita por Avelino e Bautista Cachafeiro.

Un dos fitos máis importantes foi a súa presentación no Teatro Avenida de Buenos Aires o 28 de febreiro de 1930, onde actuaron con decorados deseñados por Camilo Díaz.

Os Gaiteiros de Soutelo percorreron toda Galiza, así como Buenos Aires, Montevideo e o Brasil, ata que o comezo da guerra civil española esfarelou o grupo: sorprendeunos tocando en Barcelona, en territorio republicano, mentres Galiza quedaba no nacional. A Cultural Obreira levounos a Madrid para dar ánimos ás tropas que alí loitaban, e cando se dirixían a Berlín para tocar nos Xogos Olímpicos, decidiron volver á casa por Lisboa. Así rematou o grupo.

Bautista morrera no 1933, Castor emigrou a Venezuela, onde ensinou a tocar na Escola de Gaitas da Irmandade Galega de Caracas e Avelino, cuxo único fillo morreu ao nacer, deixou de tocar a gaita.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. No título aparece errado *Areu por Arén.