Movementos da Terra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Terra, como todo corpo celeste, está suxeita a movementos varios. Os principais son os de rotación, translación, precesión e nutación.

Movemento de rotación[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Rotación.
Movemento de rotación.

A Terra efectúao ó xirar sobre si mesma ó longo dun eixo ideal chamado Eixo terrestre, que pasa polos seus polos. Unha volta completa, tomando como referencia as estrelas, dura 23 horas, 56 minutos e 4 segundos (o chamado día sidéreo). Se se toma como referencia o Sol, un meridiano pasa fronte a el cada 24 horas por termo medio (día solar, o tomado oficialmente). Os 3 minutos e 56 segundos de diferenza débense a que nese prazo de tempo a Terra moveuse na órbita e por elo ten que xirar algo máis que un día sidéreo para completar un día solar.

A primeira referencia tomada para medir o tempo foi o Sol, pois dado o seu movemento aparente (movemento relativo á Terra), con orixe na rotación terrestre, determina día e noite, dando a impresión que o ceo xira arredor noso. Coloquialmente, día designa o día solar.

Como pode observarse, o eixo terrestre forma un ángulo de case 23,5º respeto á normal da eclíptica, o que se conoce como oblicuidade da eclíptica. Esta inclinación produce meses de luz e meses de obscuridade nos polos xeográficos, sendo causa das estacións do ano, ó cambiar dunha a outra época o ángulo de incidencia da radiación solar, e a duración que unha determinada situación sobre a Terra está iluminada.

Movemento de translación[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Translación da Terra.
Esquema (non a escala) da translación da Terra arredor do Sol.

Movemento polo que a Terra móvese arredos do Sol. A causa é a gravidade, orixinando cambios que permeten a medición do tempo. Tomando como referencia o Sol, resulta o que se chama ano tropical, intervalo necesario para que se repitan as estacións do ano. Dura 365 días, 5 horas e 47 minutos.

O movemento descrebe unha traxectoria elíptica de 930 millóns de quilómetros de lonxitude, a unha distancia media do Sol de case 150 millóns de quilómetros (1 U.A., Unidade Astronómica: 149 675 000 km). Así dedúcese que a Terra móvese respecto do Sol cunha rapidez media de 106 200 km/h (29,5 km/s). O Sol ocupa un dos focos da elipse e, debido á excentricidade da órbita, a distancia Sol-Terra varía ó longo do ano. A comezos de xaneiro a Terra está máis próxima ó Sol, producíndose o perihelio, onde a distancia é de 147,5 millóns de km, [1] mentras a comezos de xullo acádase a máxima distancia, momento chamado afelio, 152,6 millóns de km.

Movemento de precesión[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Precesión.
Ángulo de Precesión.

O movemento de precesión dos equinoccios, débese á precesión da Terra causado polo momento de forza Terra-Sol debido á inclinación do eixo de rotación terrestre con respecto ó Sol (arredor de 23.43°).

A inclinación do eixo terrestre varía cunha frecuencia asemade variable, pois depende (entre outras causas) dos movementos telúricos. así, en febreiro de 2010 rexistrouse unha variación do eixo terrestre de 8 centímetros aproximadamente, por causa do terremoto de 8.8° Richter que afectou a Chile. O maremoto e tsunami posterior que azotou ó surleste asiático no 2004 desviou 17,8 centímetros o eixo terrestre. [2]

Debido ó anterior, a duración dunha volta completa de precesión nunca é exacta; aínda así, estímase nun rango aproximado entre 25 700 e 25 900 anos, o ano platónico.

Movemento de nutación[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nutación.
A precesión ven acompañada dunha oscilación do eixo de rotación cara enriba e abaixo, ó que se lle da o nome de nutación.

A precesión é en realidade máis complexa, ó ter que considerar un movemento máis, a nutación. Esto pasa con calquera corpo simétrico ou esferoide xirando sobre o seu eixo (sirva de exemplo un trompo, que ten precesión debido ó movemento de caída). No caso do trompo, como consecuencia do movemento de caída, o pincho apóiase no chan aplicando máis forza, aumentando a forza de reacción vertical, que chegará a ser maior que o peso. O suceder o anterior, o centro de masa do trompo comeza a acelerar cara enriba e volve repetirse o proceso, tendo unha precesión acompañada dunha oscilación do eixo de rotación abaix e enriba, que recibe o nome de nutación.

Para a Terra, a nutación é a oscilación periódica do polo terrestre arredor da súa posición media en relación á esfera celeste, debido ás forzas externas de atracción gravitatoria entre Lúa e Sol coa Terra. Esta oscilación é semellante ó movemento da peonza (trompo) cando está a punto de caerse.[3]

A Terra desprázase uns nove segundos de arco cada 18,6 anos, o que supón que nunha volta completa de precesión, a Terra terá realizado 1385 bucles.

Bamboleo de Chandler[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Bamboleo de Chandler.

É unha pequena oscilación do eixo de rotación da Terra que engade 0,7 segundos de arco nun período de 433 días á precesión dos equinoccios. Foi descoberto polo astrónomo norteamericano Seth Carlo Chandler no 1891, descoñecéndose aínda as causas[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Phillips, Tony «La Tierra en el Perihelio» (2001). Ciencia NASA
  2. Buis, Alan «Chilean Quake May Have Shortened Earth Days» (2010). NASA.
  3. Argüello, Luis (2003). «Mecánica». páx. 190.
  4. Lambeck, K., 1980, The Earth's Variable Rotation: Geophysical Causes and Consequences, Cambridge University Press, London.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]