Morcego rateiro grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Morcego rateiro grande
Myotis myotis
Myotis myotis
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Familia: Vespertilionidae
Subfamilia: Myotinae
Xénero: 'Myotis'
Especie: ''M. myotis''
Nome binomial
''Myotis myotis''
(Borkhausen, 1797)
Mapa de distribución de M. myotis

Mapa de distribución de M. myotis
Subespecies
  • M. myotis subsp myotis, Borkhausen, (1797)
  • M. myotis subsp macrocephalicus, Harrison y Lewis, (1961)

O morcego rateiro grande (Myotis myotis) é o maior representante do xénero, Myotis en Europa.

Índice

Descrición [editar]

As femias son algo maiores cós machos, de pelo curto e denso, cunha base escura e co dorso de cor marrón a parda grisácea e o ventre case branco; os especímes novos son dun gris cincento, pel pardo avermellada.

O fuciño é ancho e con abultamentos glandulares, o uropataxio é lampiño, cun espolón que cobre a metade do seu bordo.

O seu formula dentaria é \frac{2.1.3.3}{3.1.3.3}.

Distribución [editar]

Mapa de distribución europea

Habita en Europa, Israel, Siria, Anatolia e Illas Azores. En Europa, ao sur dunha liña que pasa por Holanda, costa xermano-polaca e Crimea.

Hábitat [editar]

Ocupa zonas tépedas, os seus territorios de caza e campeo adoitan ser bosques abertos de tipo adevesados e parques asociados con áreas marxinais urbanas, esta considerado unha especie forestal.

É unha especie tipicamente cavernícola, que utiliza como refuxios, covas, minas ou calquera tipo de cavidade subterránea, tamén se atopa en faiados e sotos, sobre todo na Europa central.

Gregario durante a cría, con colonias que poden reunir miles de femias a partir do mes de marzo. Os machos ao principio mesturados coas femias, sepáranse en pequenos grupos que volven reunirse en agosto para o celo.

Ameazas [editar]

As principais ameazas derívanse da destrución ou inutilización de refuxios e as molestias ocasionadas por espeleoturismo. A transformación e rehabilitación de edificios con colonias.

Notas [editar]

Galería [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: