Kuman Santiso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Miguel Ángel Santiso Mosquera»)
Kuman
Información persoal
Nome Miguel Ángel Santiso Mosquera
Nacemento 14 de setembro de 1991
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,72 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Laracha
Carreira xuvenil
Ural
2007–2008 Orillamar
2008–2009 Calasanz
2009–2010 Racing de Ferrol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Fútbol
2010–2011 Narón
2011–2012 Betanzos
2012 Dubra
2015–2016 Sporting Sada 33 (0)
2016–2018 Montañeros 54 (9)
2018–2019 Betanzos 24 (4)
2019–2020 Boiro 24 (1)
2021–2023 Miño 38 (13)
Laracha 7 (0)
Fútbol sala
Mera FS
Pordenone
2014– Mera FS
Fútbol praia
2009–2011 Milano
Colosseum Roma
2011–2012 Santos
2013 Macabbi Netanya
2014 Melistar FC
2018 Vitória
2019 Alanyaspor
2019 Chaves
2020 Marbella
2021–2022 Chaves
2022 Grande Motte Pyramide
2023 Levante
2023– Napoli
Selección nacional
2007– España praia
Na rede
FIFA: 298192 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de xaneiro de 2024.
Selección: actualizado a 5 de xaneiro de 2024.editar datos en Wikidata ]

Miguel Ángel Santiso Mosquera, coñecido como Kuman, nado na Coruña o 14 de setembro de 1991, é un xogador de fútbol, fútbol sala e fútbol praia galego, que xoga como centrocampista no Laracha, da Primeira Galicia, e no Napoli da Serie A italiana de fútbol praia. Foi tres veces campión de Europa e unha vez subcampión do mundo coa selección española de fútbol praia, coa que debutou con só 16 anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou ao fútbol nas canteiras do Ural, o Orillamar, o Calasanz e o Racing de Ferrol, e nos seguintes anos vestiu as camisetas do Betanzos, o Dubra, o Sporting Sada, o Montañeros, o Boiro, o Miño e o Laracha. Ademais xogou ao fútbol sala no Mera FS de Oleiros e tamén en Italia, no Pordenone e no Active Network.[1]

Con todo, foi no fútbol praia onde destacou especialmente. Debutou coa selección española con só 16 anos, na Copa do Mundo de 2007 celebrada no Río de Xaneiro, compartindo equipo cos tamén galegos Amarelle, Nico Alvarado e Roberto Valeiro.[2] En 2010 fichou polo Milano, co que conquistou tanto a liga como a Copa de Italia de fútbol praia. A súa carreira na area continuou en ata sete países diferentes durante os seguintes anos, pasando polas filas do Santos,[3] o Macabbi Netanya, o Vitória, o Alanyaspor, o Chaves, o Marbella, o Grande Motte Pyramide, o Melistar, o Levante e o Napoli.

En 2008 gañou en Bakú o seu primeiro Campionato Europeo coa selección española, repetindo título nas edicións de 2009 en Roma e de 2014 de novo en Bakú. En 2013 disputou en Papeete a final da Copa do Mundo contra Rusia, caendo por 1-5.[4] En 2023 participou coa selección española nos Xogos Europeos celebrados en Polonia, onde conseguiu a medalla de bronce.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Fóra do fútbol traballa no negocio da súa familia, unha pizzería situada en Novo Mesoiro, na Coruña.[2] É curmán do gardameta de fútbol Ian Mackay, xogador entre outros do Deportivo da Coruña e co que coincidiu durante a súa etapa no Ural.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El internacional español Kuman Santiso ficha por el nuevo proyecto del Mera FS" (en castelán). 17 de outubro de 2014. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 Varela, Miguel (30 de agosto de 2016). "El gladiador de la arena gallega". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2023. 
  3. "Kuman, el gallego que lidera el Santos FC." (en castelán). 4 de maio de 2012. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  4. Gómez, Pablo (4 de outubro de 2013). "Nico y Kuman: «Ni aunque ganásemos el oro podríamos vivir de esto»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  5. "El coruñés Kuman Santiso, bronce en los Juegos Europeos". La Opinión A Coruña (en castelán). 2 de xullo de 2023. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  6. Miranda, Carlos (28 de agosto de 2021). "Ian Mackay y la portería de su vida". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]