Miguel-Anxo Murado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 17 de novembro de 2008 ás 18:20 por Xabier Cid (conversa | contribucións) (completo obra)

Miguel-Anxo Murado López, nado en Lugo o 2 de maio de 1965, é un escritor, xornalista e guionista galego.

Estudou Xeografía e Historia, especializándose en Arqueoloxía. En 1983 gañou o premio Café Gijón de novela curta en castelán con Metamorfosis benezianas. En 1985 publicou o seu primeiro libro en galego, Bestiario dos descontentos, un conxunto de relatos, ao que seguíu en 1986 De soños e derribos (máis tarde titulado "Memoria de derribos"), Ruído. relatos de guerra (1995), Mércores de cinza (1997), "Caderno de Xapón" (2000), "Lapidario" (2003) e "O soño da febre" (2007). Foi guionista de series como Pratos combinados e Mareas vivas e de longrametraxes como "La ley de la frontera" (Adolfo Aristain) e "Finisterre" (Xavier Villaverde). Como xornalista foi director de Radio Círculo (Madrid) e correspondente de guerra nos Balcáns (1991-1993). Residiu durante varios anos en Oriente Medio, onde, traballando para as Nacións Unidas, foi sucesivamente xefe de relacións exteriores do Ministerio de Medio Ambiente de Palestina e do Ministerio para Belén 2000. Máis adiante foi correspondente en Xerusalén do diario El Mundo durante os tres primeiros anos da Intifada. Actualmente é articulista de La Voz de Galicia.

En 2008 recibiu o Premio da Crítica Galicia pola súa obra O soño da febre, dentro da sección de Creación Literaria.

É irmán do pintor Antonio Murado.

Obras

En galego

Narrativa

Poesía

Teatro

Ensaio

En castelán

Véxase tamén

Ligazóns externas