The 13th Warrior
| The 13th Warrior | |
|---|---|
| Título orixinal | The 13th Warrior |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | John McTiernan |
| Produtor | Michael Crichton John McTiernan Andrew G. Vajna |
| Guión | William Wisher Jr. Warren Lewis |
| Baseado en | Eaters of the Dead de Michael Crichton |
| Intérpretes | Antonio Banderas Vladimir Kulich Dennis Storhøi Clive Russell Richard Bremmer Tony Curran Omar Sharif Erick Avari Sven Wollter Diane Venora Asbjørn Riis Sven-Ole Thorsen |
| Música | Jerry Goldsmith |
| Fotografía | Peter Menzies Jr. |
| Montaxe | John Wright |
| Estudio | |
| Distribuidor | Touchstone Pictures |
| Ano | 1999 |
| Duración | 102 minutos |
| País | |
| Xénero | Acción |
| Orzamento | $160.000.000[1]. |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
The 13th Warrior (O décimo terceiro guerreiro) é un filme realizado en 1999, baseado no libro Eaters of the Dead de Michael Crichton, escritor de outras coñecidas obras como Parque Xurásico e O Mundo Perdido. As linguas do filme en versión orixinal son o inglés, latín, grego, árabe, sueco, noruegués e danés.
The 13th Warrior foi un fracaso económico. Os custos de produción e marketing ascenderon a $160 millóns e só recadou $61.698.899 nos cines.
Índice |
Argumento [editar]
É unha película de aventuras que conta a historia de Ahmad ibn Fadlan -interpretado por Antonio Banderas-, un emisario árabe expulsado da súa terra por namorarse da muller dun importante home do califato de Bagdad. Como castigo é enviado como embaixador do califa ante os pobos do norte, os viquingos. No traxecto atópase cunha festa viquinga, e durante a mesma, uns enviados viquingos solicitan axuda ó líder tribal, xa que o seu pobo foi atacado por unha tribo de homes besta coñecidos como os wendols. A feiticeira tribal consulta as runas e determina que deben ser 13 guerreiros os que vaian ó rescate, e que o guerreiro número 13 debe ser estranxeiro. De xeito que Ahmed Ibn Fahdlan atópase envolto na historia sen tan sequera coñecer a lingua viquinga. Liderados por Buliwyf (Vladimir Kulich), a compañía encamíñase ó norte para defender un atemorizado poboado viquingo. Rodeado de inimigos salvaxes e temibles, Ibn Fahdlan terá que superar os seus medos máis profundos e participar na loita contra estes escuros seres, que xorden da néboa no medio da escuridade da noite.
Personaxes [editar]
Os 13 Guerreiros [editar]
- Antonio Banderas como Ahmad ibn Fadlan o árabe, o guerreiro número 13
- Vladimir Kulich como Buliwyf o líder, o guerreiro número 1
- Clive Russell como Helfdane o gordo, o guerreiro número 2
- Albie Woodington como Hyglak o pelexador, o guerreiro número 3
- Daniel Southern como Edgtho o silencioso, o guerreiro número 4
- Mischa Hausserman como Rethel o arqueiro, o guerreiro número 5
- Oliver Sveinall como Haltaf o rapaz, o guerreiro número 6
- Neil Maffin como Roneth o xinete, o guerreiro número 7
- Tony Curran como Wealth o músico, o guerreiro número 8
- John DeSantis como Ragnar o lento, o guerreiro número 9
- Asbjørn Riis como Halga o sabio, o guerreiro número 10
- Dennis Storhøi como Herger o xubiloso, o guerreiro número 11
- Richard Bremmer como Skeld o supersticioso, o guerreiro número 12
Outros [editar]
- Omar Sharif como Melchisidek
- Erick Avari como o Líder da caravana
- Sven Wollter como o Rei Hrothgar
- Diane Venora como a Raíña Weilew
Produción e ingresos [editar]
Orixinalmente titulado Eaters of the Dead, a produción comezou en agosto de 1997, pero o filme ó pasar por varias reedicións produto de tests de audiencia non foi ben acollido no seu corte inicial. Crichton asumiu el mesmo o cargo de director, facendo que a data de lanzamento fose aprazada máis dun ano. O título cambiouse a The 13th Warrior.
O orzamento, que orixinalmente era de arredor de $85 millóns, segundo os informes elevouse a $100 millóns antes da rodaxe principal. Con os gastos de lanzamentos e de promoción, o custo total da película ascendeu a $160 millóns, que dado a súa mediocre recadación en taquilla (só gañou 61.698.899 dólares en todo o mundo), produciu unha perda de case $100 millóns.[2]
O resultado da produción do filme decepcionou tanto a Omar Sharif que se retirou do mundo da interpretación. Non aceptou un papel nun filme importante ata o 2003, con Monsieur Ibrahim.:"Despois do meu pequeno papel en The 13th Warrior, díxenme a min mesmo: imos poñer fin a esta parvada, estes vales de comida que facemos xa que pagan ben. Pensei: A menos que me pareza un filme estupendo, que me encante e que me dean ganas de saír da casa a facelo, vouno deixar. "Os malos filmes son moi humillantes, estaba realmente enfermo. É terrible ter que facer o diálogo dun mal guión, fronte a un director que non sabe o que está facendo, nun filme tan malo que nin sequera paga a pena de explorar."[3]
Banda sonora [editar]
| The 13th Warrior: Original Motion Picture Soundtrack | ||||
|---|---|---|---|---|
| Banda sonora de Jerry Goldsmith | ||||
| Data de lanzamento | 12 de novembro de 2002 | |||
| Xénero | Banda sonora | |||
| Selo discográfico | Varese Sarabande | |||
| Cronoloxía | ||||
|
||||
A banda sonora de The 13th Warrior foi composta orixinalmente por Graeme Revell e interpretada por Dead Can Dance e a cantante Lisa Gerrard. Foi rexeitada por Michael Crichton e substituída por o colaborador habitual de Crichton, Jerry Goldsmith.[4] O tema anterior á batalla final, chamado "Valhalla", foi empregado posteriormente en Kingdom of Heaven de Ridley Scott, na escena do asedio final.
Notas [editar]
- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ Dirks, T. 2010. Greatest Box-Office Bombs, Disasters and Flops of All-Time. [Online] Filmsite.org (Updated 2010) p.11. Available at: http://www.filmsite.org/greatestflops.html (page 11) [31 de decembro de 2011].
- ↑ Movie & TV News @ IMDb.com - WENN - 20 November 2003
- ↑ http://www.filmtracks.com/titles/13th_warrior.html