Escala de Palermo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Escala Técnica de Ameaza de Impacto de Palermo (en inglés Palermo Technical Impact Hazard Scale) é unha escala de tipo logarítmica (base 10) cuxa función é medir o risco de impacto dun obxecto próximo á terra (NEO, do inglés Near Earth Object). Serve para comparar a probabilidade de impacto potencial dun obxecto detectado co risco medio doutro obxecto de igual ou superior tamaño segundo o tempo que falta ata o impacto potencial previsto.

Existe outra escala similar chamada Escala de Turín, que toma valores discretos (niveis 0-12) co que facilita a súa comprensión ao ser menos técnica e que está orientada cara a xente con menos coñecementos teóricos.

Os valores que pode tomar a escala de Palermo son de carácter continuo a diferenza da escala de Torino. O valor -2 significa que só existe un 1% do risco medio de impacto. O valor 0 indica que a probabilidade de impacto é a mesma que a probabilidade do risco medio. O valor 2 indicaría que a probabilidade de impacto é 100 veces superior ao risco medio.

Fórmula[editar | editar a fonte]

A fórmula de cálculo da escala de Palermo é: P = \log_{10} \frac {p_i} {f_B T}

  • sendo p_i\; a probabilidade de impacto,
  • T\; é o período que falta ata o evento,
  • e f_B\; é a frecuencia anual de impacto. Actualmente está estimada en: f_B = 0.03 E^{-0.8} \;

Notas[editar | editar a fonte]

  • Steven R. Chesley, Paul W. Chodas, Andrea Milani, Giovanni B. Valsecchi et Donald K. Yeomans, "Quantifying the Risk Posed by Potential Earth Impacts", Icarus, 2002, p. 423-432

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns internas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]