Canto rolado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Croios.

Un canto rolado, canto (ás veces non son rolados), croio, seixo ou callao,[1] é un fragmento de rocha solto, susceptíbel de ser transportado por medios naturais, como as correntes de auga, os corrementos de terra etc.

Aínda que non se fai distinción de forma, en xeral un canto rolado adquire unha morfoloxía máis ou menos arredondada, subarredondada ou oblonga, sen arestas e coa superficie lisa, debido ao desgaste sufrido nos procesos erosivos e, sobre todo, durante o transporte, xeralmente causados pola corrosión ou as correntes de auga (erosión hídrica).

Tamén recibe os nomes galegos de bocha, cañó, coio, croio, pelouro, riarengo, xeixo, xógara ou xoga[2].

Usos[editar | editar a fonte]

Solo de callaos na Igrexa de Santiago en Bárcena de Campos (Palencia, Castela e León).

Os cantos rolados utilízanse xeralmente na construción. Os cantos planos son de grande utilidade para o apilamento de material e a súa adherencia au formigón ou cemento fainos moi útiles.

Granulometría[editar | editar a fonte]

Dentro da clasificación granulométrica das partículas do solo, os cantos rolados ocupan o seguinte lugar na escala:

Escala de clasificación granulométrica
Partícula Tamaño
Arxilas < 0,002 mm
Limos 0,002-0,06 mm
Areas 0,06-2 mm
Gravas 2 mm-6 cm
Cantos rolados 6-25 cm
Bloques >25 cm

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no dicionario da RAG de canto, seixo e callao
  2. Sinónimos en Portal das Palabras da RAG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Canto rolado