MeteoGalicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Meteogalicia")
MeteoGalicia
Fundación 2000
Matriz Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Localización Rúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela A Coruña Galicia Galiza
Fundador Xunta de Galicia
Industria Meteoroloxía
Número de empregados 25[1]
Páxina web meteogalicia.es

A Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica (MeteoGalicia) é un organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente creada no ano 2000 froito dun convenio entre coa Universidade de Santiago de Compostela e que ten como obxectivos principais a realización dunha predición meteorolóxica de Galicia e a explotación e mantemento da rede de observación meteorolóxica e climatolóxica da Xunta de Galicia.

Descrición[editar | editar a fonte]

Co obxectivo de mellorar e optimizar o seu funcionamento, MeteoGalicia estrutúrase en catro áreas principais:

  • Predición operativa
  • Predición numérica
  • Visualización
  • Climatoloxía

MeteoGalicia desenvolve tamén modelos meteorolóxicos, oceanográficos e de ondaxe de moi alta resolución para mellorar as súas predicións meteorolóxicas. MeteoGalicia dispón dunha na que se poden atopar as distintas predición realizadas, as saídas dos modelos, datos meteorolóxicos e climatolóxicos, e mais información sobre as actividades do servizo. Hoxe en día ofrece unha das mellores predicións meteorolóxicas de Europa.

Desde 2001 realiza a previsión marítima xunto coa meteorolóxica. MeteoGalicia utiliza un sistema pioneiro de predición marítima e oceanográfica que permite predicir o estado do mar con catro días de antelación en dous tramos de día, de mañá e tarde; facilita así mesmo información específica sobre modelos de ondas costeiras e correntes, a dirección do vento, estado do mar, mar de fondo, altura de fondo, temperatura da auga, do ar e índice ultravioleta máximo.

As predicións fanse para catro zonas: Costa Cantábrica, Ártabra e Bares, Costa da Morte e Rías Baixas, até 20 millas mar adentro. Pódense ver as rías de forma independente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Xunta defende a continuidade de Meteogalicia. Praza Pública, 22 de xuño de 2013/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]