Mercados emerxentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mercado emerxente»)
Malia que non hai un número determinado de economías emerxentes, neste mapa amósanse os países que son recoñecidos maioritariamente coma tales.

Un mercado emerxente é unha economía de mercado relativamente retardada mais en proceso de rápida industrialización ou crecemento. Porén, non hai unha definición única ou universal.[1] En xeral, os mercados emerxentes non inclúen aqueles países altamente industrializados ou desenvolvidos nin tampouco aqueles que aínda non comezaron o camiño cara ó desenvolvemento dos seus mercados.[1]

O termo, que se popularizou durante a década de 1980 grazas ó economista Antoine van Agtmael do Banco Mundial,[2] emprégase a miúdo como sinónimo de "economía emerxente", malia que fai referencia normalmente a aquelas economías en transición ó desenvolvemento. Os mercados emerxentes tiveron un nivel de madureza nas súas institucións de mercado e non só unha renda per capita superior á dos países subdesenvolvidos; deben ter unha poboación relativamente elevada, con moitos recursos, e deben ser participantes críticos dos acontecementos económicos da súa contorna.[3]

Non hai un número determinado de mercados emerxentes, mais os dez meirandes son:[3] México, o Brasil, a Arxentina, Suráfrica, Polonia, Turquía, India, Indonesia, a República Popular da China e Corea do Sur.

Segundo Goldman Sachs as oito economías emerxentes e en desenvolvemento máis grandes, xa sexa polo PIB nominal ou axustado á inflación so os países BRIC (o Brasil, Rusia, a India e a China), así coma os MIST (México, Indonesia, Corea do Sur e Turquía).

A Área de Libre Comercio ANSA-China púxose en marcha o 1 de xaneiro de 2010, sendo o meirande mercado rexional emerxente do mundo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Kolodko, GW (2003). ''Emerging Market Economies: Globalization and Development. Asghate Publishing Company. Estats Units.
  2. FT.com / Columnists / John Authers - The Long View: How adventurous are emerging markets?
  3. 3,0 3,1 "The big ten: the big emerging markets and how they will change our lives". Choice Reviews Online (en inglés) 35 (02): 35–1010–35-1010. 1997-10-01. ISSN 0009-4978. doi:10.5860/CHOICE.35-1010. 
  4. "China-ASEAN FTA prompts growing trade among border cities". channelnewsasia.com (Singapur: MediaCorp). 5 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2010. Consultado o 14 de abril de 2011.