Meg White
| Meg White | |
|---|---|
Meg no Primavera Sound '07, en Barcelona |
|
| Nome completo | Megan Martha White |
| Alias | |
| Naceu | 10 de decembro de 1974 (38 anos) |
| Orixe | Grosse Pointe Farms, Míchigan |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | batería |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | The White Stripes |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Megan Martha White, nada o 10 de decembro de 1974, en Grosse Pointe Farms, Míchigan, é unha batería estadounidense. Foi a batería da banda de rock de Detroit The White Stripes, que formou xunto con Jack White e que se disolveu en xaneiro do ano 2011[1].
Biografía [editar]
Meg medrou na área de Detroit. Antes de comezar a tocar a batería, traballaba de camareira no Memphis Smoke, un bar da zona de Detroit. Traballando alí unha noite en 1994 coñeceu a Jack White e eles casaron o 21 de setembro de 1996.
Jack pasou gran parte dos 90 de banda en banda, pero en 1997 Meg decidiu comezar a tocar a batería. O matrimonio convertíuse entón nunha banda e The White Stripes fixo o seu primeiro concerto en Detroit pouco tempo despois. Eles divorciáronse no ano 2000, despois de facerse famosos por todo o país, pero a banda sobrevivíu.
A pesares de que Jack é o que normalmente canta na banda, Meg puxo as voces en "In the Cold, Cold Night", do seu cuarto disco Elephant, e en "Passive Manipulation", do seu quinto traballo Get Behind Me Satan. O seu estilo minimalista, que lembra á batería Maureen Tucker, da banda Velvet Underground, foi debate dos fans que falan da súa falta de habilidade.
Notas [editar]
|
||||||||||||||