Seven Nation Army

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Seven Nation Army"
sinxelo de The White Stripes
do álbum Elephant
Lanzamento 7 de marzo do 2003
Formato {{{formato}}}
Gravada abril do 2002
Xénero musical garage rock
Duración 3:52
Discográfica XL Recordings, V2 Records
Produtor(es) Jack White
Escritor(es) Jack White
Cronoloxía
"Candy Cane Children" "Seven Nation Army" "I Just Don't Know What to Do with Myself"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Seven Nation Army" é unha canción da banda estadounidense de garage rock The White Stripes, editada como sinxelo do seu álbum Elephant o 7 de marzo do 2003. O tema estivo no número 1 da lista Modern Rock Tracks durante tres semanas, e gañou o Grammy do 2004 á mellor canción de rock. Seven Nation Army é coñecida polo seu riff de guitarra, que pode escoitarse en case toda a canción. A pesar de que soa como un baixo (instrumento que a banda non usa), o son foi realmente creado por Jack White cunha guitarra semi-acústica usando un pedal Digitech Whammy para baixarlle unha octava. O riff foi composto nunha proba de son antes dun concerto no Corner Hotel en Melbourne, Australia, segundo as notas do libreto que acompaña ao DVD Under Blackpool Lights. O riff ispirouse no tema principal da Sinfonía nº 5 de Anton Bruckner.

"Seven Nation Army" é como Jack White adoitaba a referirse ao Exército de Salvación (Salvation Army en inglés) cando era un neno[1].

Rolling Stone situou a "Seven Nation Army" no posto 286 na súa lista de 2010 das 500 mellores cancións de todos os tempos[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Seven Nation Army"
  2. "Good to Me" (Brendan Benson)
  3. "Black Jack Davey" (Tradicional)

O sinxelo en 7" só contén os dous primeiros temas.

Notas[editar | editar a fonte]