The Big Three Killed My Baby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"The Big Three Killed My Baby"
sinxelo de The White Stripes
do álbum The White Stripes
Lanzamento marzo de 1999
Formato {{{formato}}}
Gravada xaneiro de 1999
Xénero musical garage rock
Duración 2:29
Discográfica XL Recordings
Produtor(es) Jack White
Escritor(es)
Cronoloxía
"Lafayette Blues" "The Big Three Killed My Baby" "Hand Springs"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"The Big Three Killed My Baby" é o terceiro sinxelo da banda estadounidense de garage rock The White Stripes, editado como parte do seu álbum de estrea en marzo de 1999. Unha gravación ao vivo da canción pode atoparse no DVD Under Blackpool Lights. A súa cara-b é "Red Bowling Ball Ruth".

"The Big Three" refírese aos tres principais fabricantes de automóbiles dos anos 50 e 60: Ford, Chrysler e General Motors. A canción é un ataque a esta compañía, e fala da caída dos sindicatos nos anos 60. Jack White dixo en varias entrevistas que non cría que a música fose un medio válido para mensaxes políticas, e ata o ano 2007, coa edición de "Icky Thump" (onde critica a política de inmigración estadounidense), esta foi a única canción da banda cunha temática política. Recentemente, The White Stripes interpretaron a canción con letra distinta, facendo referencia á Guerra de Iraq: "Bush's hands are turning red... and I found out your baby is dead".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "The Big Three Killed My Baby" - 2:29
  2. "Red Bowling Ball Ruth" - 2:05