Sympathy for the Record Industry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sympathy for the Record Industry

Compañía nai
Fundado en 1988
Fundador Long Gone John
Estado
Distribuidoras Mordam Records
Xénero(s) punk rock, garage rock, indie rock, noise rock
País de orixe Estados Unidos Flag of the United States.svg
Localización Long Beach, California
Web oficial http://www.sympathyrecords.com/

Sympathy for the Record Industry (tamén coñecida como Sympathy Records or Sympathy 4 the R.I.) é un selo discográfico independente formado in 1988 polo anti-magnate da industria musical Long Gone John. Sympathy for the Record Industry está baseada en Long Beach, California, e é principalmente un selo para garage rock e punk rock independente. A primeira edición de Sympathy foi o álbum de Lazy Cowgirls Radio Cowgirl, e na actualidade o selo ten un catálogo de máis de 750 lanzamentos.

Entre os artistas que comezaron con Sympathy e acabaron tendo éxito no gran público inclúense The White Stripes, The Electrocutes (a primeira encarnación de The Donnas) e Hole.

Long Gone John é o dono, CEO, e aparentemente o único empregado de Sympathy. É un gran coleccionista de discos, con máis de 10.000 na súa colección. Tamén posue a Necessaries Toy Foundation, unha empresa que fabrica figuras de entre 18 e 24 polgadas. Long Gone John tamén opera Sympathetic Press, unha editorial de libros de temática rock.

Outros artistas de Sympathy destacados son Jack Off Jill, Scarling., Miss Derringer, The Muffs, The (International) Noise Conspiracy, The Von Bondies, Rocket from the Crypt, Billy Childish, Turbonegro, April March, The Dwarves, Suicide, The Gun Club, Inger Lorre and Motel Shootout, Man or Astro-man?, The Waldos e Redd Kross.

O seu nome fai referencia á canción de The Rolling Stones "Sympathy for the Devil".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]