Maximilian Schell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maximilian Schell
Maximilian Schell edit.jpg
Maximilian Schell en 2006
Nacemento Maximilian Schell
8 de decembro de 1930
Viena, Austria
Falecemento 1 de febreiro de 2014
Innsbruck, Austria
Nacionalidade Suíza Suíza
Profesión actor

Maximilian Schell, nado en Viena, Austria o 8 de decembro de 1930 e finado en Innsbruck o 1 de febreiro de 2014,[1] foi un actor e director de cinema suízo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Viena, fillo dunha actriz e dun escritor propietario dunha farmacia. A familia marchou a Zúric en 1938 tralo Anschluss.

Comezou a actuar en obras profesionais durante a súa estadía na universidade, onde decidiu que preferiría seguir o camiño da interpretación e non o dos estudos. Debutou no cinema en Alemaña en 1955 e en 1958 foi invitado a actuar en Broadway. Desde este momento a súa carreira se desenvolvería a ambos os lados do Atlántico. En 1961 gañou o oscar ao mellor actor por Judgment at Nuremberg.

Dirixiu o seu primeiro filme, The Castle, en 1968, baseado na novela de Franz Kafka. Tamén filmou documentais, como Marlene, coa presenza de Marlene Dietrich ou My Sister Maria, sobre a súa irmá, a actriz Maria Schell.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1955 Kinder, Mütter und ein General
1957 The Last Ones Shall Be First
1958 The Young Lions
1961 Judgment at Nuremberg
1961 Five Finger Exercise
1962 The Reluctant Saint
1962 The Condemned of Altona
1964 Topkapi
1965 Return from the Ashes
1966 The Deadly Affair
1968 The Castle
1968 Counterpoint
1968 Heidi
1969 Simón Bolívar
1969 Krakatoa, East of Java
1971 Erste Liebe
1972 Pope Joan
1973 The Pedestrian
1974 The Odessa File
1975 The Day That Shook the World
1975 Der Richter und sein Henker
1975 The Man in the Glass Booth
1976 St. Ives
1977 Cross of Iron
1977 Julia
1977 A Bridge Too Far
1979 Avalanche Express
1979 The Black Hole
1979 Together?
1980 The Diary of Anne Frank
1981 The Chosen
1983 The Phantom of the Opera
1984 Man Under Suspicion
1986 Peter the Great
1989 The Rosegarden
1990 The Freshman
1991 Young Catherine
1991 Candles in the Dark
1992 Stalin
1992 Justiz
1993 A Far Off Place
1994 Little Odessa
1994 Abraham
1996 The Eighteenth Angel
1996 The Thorn Birds: The Missing Years
1998 Left Luggage
1998 John Carpenter’s Vampires
1998 Deep Impact
1999 Xoana de Arco
2000 I Love You, Baby
2004 Coast to Coast
2006 The Shell Seekers
2008 The House of Sleeping Beauties
2008 The Brothers Bloom

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]