Xoana de Arco (telefilme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xoana de Arco
Ficha técnica
Título orixinalJoan of Arc
DirectorChristian Duguay
ProdutorPeter Bray
GuiónMichael Alexander Miller
Ronald Parker
IntérpretesLeelee Sobieski
Peter O'Toole
Jacqueline Bisset
Powers Boothe
MúsicaAsher Ettinger
Charlotte Church
FotografíaPierre Gill
MontaxeRalph Brunjes
DistribuidoraCBC (Canadá)
CBS (USA)
Estrea 11 de xullo de 1999
Galicia 8 de outubro de 2011 (TVG)
Duración180 minutos (2 partes)
Orixe Canadá
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama, Histórico
Na rede
IMDB: tt0178145 Filmaffinity: 858588 Allocine: 134939 Netlix: 21028980Editar o valor em Wikidata

Xoana de Arco (en inglés: Joan of Arc) é un telefilme en dúas partes protagonizado por Leelee Sobieski no papel de Xoana de Arco e dirixido por Christian Duguay, que se estreou en 1999. Estreouse en galego na TVG o 8 de outubro de 2011.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Guerra dos Cen Anos (séculos XIV e XV). En 1412, nace en Domrémy Xoana, a filla duns campesiños. Dende nena ten visións nas que Santa Catarina, San Miguel e Santa Margarida lle encomendan a misión de salvar a Francia dos invasores ingleses. Convence a un oficial para que a escolte ata o castelo de Chinon, onde debe entrevistarse con Carlos, o Delfín de Francia, que aínda non foi coroado rei, xa que a cidade de Reims está en mans dos ingleses. Xoana logra que o Delfín lle proporcione tropas para romper o asedio de Orleáns. A doncela de Lorena conduce ós franceses á vitoria. Unha vez liberada Reims, o Delfín é proclamado rei co nome de Carlos VII. Durante unha campaña militar para liberar París, Xoana é capturada polos borgoñóns, que a entregan ós ingleses a cambio de cartos. Acusada de bruxería e herexía, é condenada por un tribunal relixioso, afín a Inglaterra, a morrer queimada no lume (1431). Tiña só 19 anos. En 1920, a Igrexa Católica canonizouna.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xoana de Arco na TVG". Diario Siglo XXI. 6 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2015. Consultado o 29 de marzo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]