Masacre de Granada de 1066

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O masacre de Granada de 1066 foi a máis sanguenta matanza de xudeus sefardís perpetrada polos musulmáns na Península Ibérica.

Historia[editar | editar a fonte]

O 30 de decembro de 1066 (9 de tevet de 4827 no calendario hebreo) un xentío irrompeu na Alhambra de Granada, que nese momento estaba baixo poder musulmán en Al-Ándalus. A revolta acabou coa crucifixión do visir xudeu Iusuf ibn Nagrela (fillo de Semuel ibn Nagrella) e o masacre da maior parte da poboación xudía da cidade: "Máis de 1500 familias xudías, é dicir, ao redor de 4000 persoas, morreron nun día".[1][2][3] Esta foi a primeira persecución aos xudeus da Península baixo o goberno islámico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Granada por Richard Gottheil, Meyer Kayserling, Jewish Encyclopedia. 1906 ed.
  2. Lucien Gubbay (1999). Sunlight and Shadow: The Jewish Experience of Islam. Nova York: Other Press. p. 80. ISBN 1-892746-69-7. 
  3. Norman Roth (1994). Jews, Visigoths, and Muslims in Medieval Spain: Cooperation and Conflict. Países Baixos: E. J. Brill. p. 110. ISBN 90-04-09971-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]