Mario West

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mario West
Escolta
Información persoal
Nacemento 19 de xuño de 1984 (29 anos)
Flag of Alabama.svg Huntsville, Alabama
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso 95 kg (210 lb)
Instituto Douglas County High School
Douglasville, Xeorxia
Información da carreira
Universidade Georgia Tech
Carreira dende 2007
Historial de equipos
Maine Red Claws (2009–2010, 2010-2011)
Atlanta Hawks (2007–2010)
New Jersey Nets (2011)
Información en nba.com

Mario Marceé West, nado o 19 de xuño de 1984 en Huntsville, Alabama, é un xogador americano de baloncesto profesional. Non foi elixido no Draft da NBA polos Hawks, pero o ficharon despois do Draft de 2007.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

West foi xogador no Douglas County High School en Douglasville, Xeorxia. Mario foi o capitán do equipo nos seus anos junior e senior.

West foi a Georgia Tech, e foi nomeado capitán xusto antes de que comezara o seu ano senior. Mentres estivo alí, gañou o campionato universitario de mates no ano 2007.

West xogou cos Atlanta Hawks nas tempadas 2007-08 e 2008-09. Tras o seu paso polos Red Claws no comezo da tempada 2009-10, West asinou de novo con Atlanta para o resto da 2009-10. Nos Hawks, xogou en 156 partidos en 3 tempadas, incluíndo 6 de titular. Acadou 4.4 minutos e 0.8 puntos por partido nese tempo.[2] Xogou cos Boston Celtics durante a pretempada do ano 2010, pero foi cortado antes do comezo da tempada. Retornou aos Maine Red Claws, o afiliado da NBA D-League dos Celtics, para o comezo da tempada 2010-11.[3] O 24 de marzo de 2011, West pediu aos Red Claws que o deixaran ir para volver a Atlanta a coidar dun membro da familia que estaba enfermo, e os Red Claws deixáronlle irse do equipo. Xogou en 53 partidos en dúas tempadas en Maine. En 2010-11, West xogou unha media de 34 minutos de xogo en 43 partidos, e acadou 13.7 puntos e 2.9 asistencias. Os Red Claws retiveron os dereitos de West por si volvía á D-League.[4] O 31 de marzo de 2011, os New Jersey Nets ofrecéronlle un contrato de 10 días.[5] O 4 de abril de 2011, os Nets lle ficharon para os restantes tres partidos da tempada.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]