Mariela Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariela Castro na Conferencia Internacional sobre Dereitos de LGTB.

Mariela Castro Espín, nada na Habana o 27 de xullo de 1962, é a directora do Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba (CENESEX) e da revista Sexología e Sociedade, na Habana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Activista polos dereitos dos homosexuais en Cuba, foi ademais promotora da efectiva prevención da SIDA.

É a filla do presidente Raúl Castro e da dirixente da Federación de Mulleres Cubanas, Vilma Espín Guillois.