Maricón perdido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maricón perdido
FormatoSerie de televisión
Creado porBob Pop
Dirixido porAlejandro Marin
IntérpretesBob Pop
Carlos González
Gabriel Sánchez
País de orixeEspaña
Lingua(s)Castelán
Temporadas1
Episodios6
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Berto Romero
Duración30 minutos (aprox.)
Emisión orixinal
Canle de orixeTNT (España)
Primeiro episodio11 de xuño de 2021
Derradeiro episodio18 de xuño de 2021
Na rede
https://blog.canaltnt.es/category/series/maricon-perdido/
IMDB: tt13138498 Filmaffinity: 433658 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Maricón perdido é unha serie española de 2021 orixinal de TNT (España), creada e escrita por Bob Pop, inspirándose en episodios da súa propia vida, e protagonizada por el mesmo, xunto con Gabriel Sánchez e Carlos González.[1][2][3]

Debido ao seu éxito, logrou expandirse internacionalmente estreándose en varios territorios, a través de plataformas do grupo WarnerMedia. Estreouse en Francia o 29 de xuño por Warner TV, o 22 de xullo en América Latina por TNT e HBO Max, o 26 de outubro nos Estados Unidos de América e os países nórdicos por HBO Max, en novembro en Alemaña por Warner TV Serie, e en 2022 en Portugal e Europa central por HBO Max.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Roberto, con tan só 12 anos, comeza unha busca de identidade que se alongará até dez anos máis tarde, cando en Chueca e con vocación de ser escritor, intentará reformular a súa vida intentando responder a pregunta de quen é e como ser feliz nun mundo tan hostil.

Elenco[editar | editar a fonte]

Elenco principal[editar | editar a fonte]

  • Bob Pop como Roberto Enríquez «Bob Pop» (etapa adulta)
  • Carlos González como Roberto Enríquez «Bob Pop» (etapa adolescente)
  • Gabriel Sánchez como Roberto Enríquez «Bob Pop» (etapa infantil)
  • Candela Peña como Madre, a nai de Bob Pop
  • Alba Flores como Lola, mellor amiga de Bob Pop
  • Daniel Bayona como Bob Manso
  • Ramón Pujol como Miguel
Coa colaboración de

Elenco secundario[editar | editar a fonte]

  • Javier Bódalo como El Rata
  • Berta Cascante como La Chon
  • María Romanillos como Bea
  • Sergi Gibert como Luis Sauna
  • Roger Padilla como Carlos Lara
  • Daniela Lucas como Irmá Bob
  • Blas Sánchez como Ricardo
  • Fernando Valdivielso como Juan Retiro
  • Julia Molins como Cora
  • José Luis Barquero como Javier Herrero
  • Luis Maesso como Pedro Herrero
  • Camille Aguilar como Pilar
  • Marta Castellote como Ana
  • Lola Errando como Carlota
  • Michael Batista como Darío
  • Miguel Cañaveras como Daniel Echevarría
  • Joan Sentís como Carlos Lara (90's)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "'Maricón perdido': TNT desvela el tráiler y fecha de estreno de la prometedora serie autobiográfica de Bob Pop". Espinof. 28 de abril de 2021. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  2. "'Maricón perdido': todo lo que sabemos de la nueva serie de Bob Pop para TNT". Cinemanía. 20 Minutos. 10 de xuño de 2021. Consultado o 12 de xuño de 2021. 
  3. Silvestre, Juan (5 de xuño de 2021). "'Maricón perdido': 4 razones por las que la serie de Bob Pop es una joya". Fotogramas. Consultado o 12 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]