Maret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaret
Biografía
Nacemento(mul) Mari Laura González González Editar o valor em Wikidata
6 de outubro de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Cameixa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMaret Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Mari Laura González González, máis coñecida como Maret, nada en Cameixa (Boborás) o 6 de outubro de 1986, é unha cantante e presentadora de televisión galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criouse percorrendo festas e romarías de Galicia co posto de polbo á feira familiar e conviviu coa música desde pequena, o seu pai toca o acordeón nunha charanga. A súa familia vive en Arcos, parroquia carballiñesa soada por ser o berce das pulpeiras.

Con 11 anos participou en concursos como o Tequelexou.[1] Admiradora de Ana Kiro, cantou en Tardes con Ana, o emblemático talk-show da Televisión de Galicia. En 2008 foi finalista en Factor X, un concurso da canle Cuatro de televisión para buscar novos valores da canción.[2]

Gañadora da 1ª edición de Recantos, concurso de cantantes no programa Luar da Televisión de Galicia.[3] Desde outubro do 2010 ata xullo do 2011 competiron 20 concursantes representando a outros tantos recantos de Galicia, incluíndo a emigración. Maret foi a representante do Ribeiro. Conseguiu promocionar á segunda fase do concurso, na que o xurado foi outorgándolle as notas máis altas ata conseguir o único triplo 10 de todo o certame.

Foi pregoeira do Correlingua de 2011 animando aos rapaces a utilizar o galego nas redes sociais.[4]

Ten publicado un disco titulado Maret no que interpreta temas con letras escritas por ela mesma.

A súa estrea como cantante profesional na televisión foi na Gala Especial do Apóstolo da TVG o 24 de xullo de 2011.

Como presentadora, comezou conducindo o programa Luar da TVG xunto a Xosé Ramón Gayoso durante a tempada 2011 -2012.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "MARET, A VOZ". La Región (en castelán). 2011-07-27. Consultado o 2020-04-02. 
  2. La voz de la gallega Laura revoluciona Factor X
  3. "Naceu unha nova voz galega". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  4. "Programa Correlingua 2011" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de novembro de 2011. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  5. Cando me dixeron que ía copresentar Luar, chorei moito

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]