Correlingua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Correlingua
Logo
Tipoevento cultural
Fundador(es)A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Confederación Intersindical Galega
Organización relacionadaKorrika, Correllengua, Ar Redadeg e Rith
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Correlingua é a celebración dunha serie de carreiras reivindicativas en prol dos dereitos da lingua galega que transcorren polas distintas comarcas de Galiza. Correlingua inspírase na Korrika, unha carreira reivindicativa que recorre Euskal Herria a prol da lingua éuscara.

Organización[editar | editar a fonte]

O Correlingua na Estrada.

Ten lugar en colaboración cos centros de ensino e a organización corre a cargo da Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a propia Federación de Ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino), e diversos concellos e municipios. Trátase dunha proposta de carácter lúdico-educativo que ten por obxecto a dignificación da cultura galega pondo especial énfase na cuestión lingüística, pondo así mesmo de relevo a importancia do papel da mocidade no proceso de normalización.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]