María Vilas Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Vilas Vidal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1996 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura168 cm Editar o valor em Wikidata
Peso64 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnadadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportenatación Editar o valor em Wikidata
Participou en
2016natação nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

María Vilas Vidal, nada en Castiñeiras (Ribeira) en 1996, é unha nadadora galega, especializada nas probas de fondo. Foi olímpica en Río 2016 e medallista de bronce nos Europeos dese ano nos 1.500 metros libre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con doce anos comezou a bater o récord galego dalgunhas especialidades e atesoura máis de 40 récords galegos en distintas idades (12, 13, 14 e 15 anos), tanto en piscina curta como en piscina longa, e en estilo libre, braza e estilos. En 2008, e con doce anos de idade, conseguiu o subcampionato absoluto de Galicia en 200 m braza.

En 2010 debutou internacionalmente na Copa Comen de Sicilia e gañou dúas medallas de ouro nas competicións de 200 m braza e 400 m estilos, unha medalla de prata en 200 m estilos (2.22.91) e tres medallas de bronce en 100 m braza e nos relevos 4 × 100 m libre e 4 × 200 m.[1]

Participou en 2011 nos campionatos de Europa de natación júnior, que se disputaron en Belgrado, onde obtivo dúas medallas de ouro, nos 1500 m libres e nos 400 m estilos[2]. Ese mesmo ano, a súa actuación permitiulle participar no mundial júnior de Lima, onde rematou quinta nos 1500.[3] Nos Europeos júnior de 2012, celebrados en Antuerpe, obtivo o ouro en 800 m libres, a prata nos 400 m estilos e o bronce en 1500 m libres e no relevo 4x200 libre xunto a Fátima Gallardo, Marta Ruiz e Irene Andrea.

No 2013 participou nos Xogos Mediterráneos de Mersin (Turquía), onde obtivo a medalla de prata en 400 estilos.[4]

No Campionato Europeo de Natación de 2016 celebrado en Londres, obtivo a medalla de bronce en 1500 metros estilo libre, compartindo o podio con Boglarka Kapas e Mireia Belmonte.[5] No Open de Primavera de 2016, disputado en Sabadell, logrou clasificar aos Xogos Olímpicos por primeira vez. Ademais, superou o récord galego dos 400 estilos de Beatriz Gómez cun tempo de 4.38,81.​[6][7]

Nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro 2016, participou nos eventos de natación 800 metros estilo libre feminino e 400 metros combinado individual feminino, clasificando en 19ª posición en ambas as probas.

María competiu en 2 campionatos do mundo, en ambos na disciplina de augas abertas: en 2015 competiu tanto nos 5 como nos 10 quilómetros, conseguindo a 24ª praza en ambas as distancias.[8] En 2019, tras superar unha etapa moi dura despois dos Xogos Olímpicos de Río 2016, conseguiu clasificarse para o mundial de Gwangju, onde foi 33ª.[9]

En 2019 recoñeceu unha depresión que a levou a deixar o deporte de competición temporalmente.[10] A nadadora deixou o seu deporte en 2017, saturada polo gran desgaste psicolóxico que lle supuxo chegar aos Xogos de Río. Reenganchou en 2018 e desde entón centrouse principalmente nas augas abertas.[11]

En 2019 logrou o terceiro posto (foi a primeira española) nunha das competicións máis importantes do mundo de Augas Abertas, o Rio Negro Challenge, celebrado en Manaus, sobre unha distancia de 8,5 quilómetros.[12]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María Vilas Vidal demostró en Catania que es una figura emergente de la natación". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-06-24. Consultado o 2021-02-20. 
  2. "«Tengo por delante el absoluto de España y el Mundial júnior»". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-07-20. Consultado o 2021-02-20. 
  3. "La ribeirense María Vilas estará concentrada en Australia". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-08-30. Consultado o 2021-02-20. 
  4. "María Vilas logra la medalla de plata en Turquía en los 400 estilos". Diario de Arousa (en castelán). Consultado o 2021-02-20. 
  5. Romano, Javier (2016-05-21). "Plata y bronce para Belmonte y María Vilas en 1.500". Marca.com (en castelán). Consultado o 2021-02-20. 
  6. "María Vilas se clasifica para Río 2016". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-03-20. Consultado o 2021-02-20. 
  7. "María Vilas empieza a saborear su sueño al otro lado del océano". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-08-06. Consultado o 2021-02-20. 
  8. "María Vilas nadará el selectivo mundialista en Francia". Natacción (en castelán). 2019-05-13. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2021. Consultado o 2021-02-20. 
  9. "La emotiva reflexión de María Vilas tras ser 33ª en su regreso a un Mundial de natación". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-07-14. Consultado o 2021-02-20. 
  10. Giovio, Eleonora (2019-02-18). "La dureza del deporte de élite: “Era una máquina que ni sentía ni padecía”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-02-20. 
  11. "María Vilas encuentra una salida al mar". Marca.com (en castelán). 2020-05-06. Consultado o 2021-02-20. 
  12. "María Vilas, tercera en el Rio Negro Challenge de Brasil entre las mejores nadadoras del mundo". Club Natación Galaico (en castelán). 2019-12-12. Consultado o 2021-02-20. 
  13. "Ames acolle a II Gala do deporte feminino galego". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-02-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]