Manuel Quintáns López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Quintáns López
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Membro de

Manuel Quintáns López, nado en 1961,[1] é un escritor e militante independentista galego, que foi un membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive.[2] O 2 de febreiro de 1989, participou na primeira acción terrorista do grupo que provocou unha vítima mortal.[3] En 1999 foi condenado a 72 anos de cárcere pola Audiencia Nacional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1994, a Audiencia Nacional impúxolle unha condena de 72 anos polo atentado perpetrado o 2 de febreiro de 1989 en Irixoa, no cal morreu un axente da Garda Civil, Benedicto García Ruzo, e foi ferido o seu compañeiro Antonio Pérez Freire. Tamén foi condenado a indemnizar ás súas vítimas con 480.000 euros (300.506 euros aos herdeiros do axente asasinado e 180.304 ao garda que resultou ferido).[4] No atentado, o comando liderado por Josefa Rodríguez Porca secuestrou un vixilante xurado, rouboulle a arma e simulou un accidente de tráfico na estrada que une as localidades de Irixoa e Monfero. O obxectivo era chamar á Garda Civil e así facerse coas súas armas e uniformes. Cando os axentes chegaron ao lugar do presunto "accidente" arredor da unha da mañá,[4] comezou un tiroteo, resultando na morte dun deles.[5][6] Segundo a declaración do garda civil foi Quintáns quen berrou "isto é unha trampa e ímosvos matar", e despois disparou contra el coa arma roubada ao garda xurado uns días antes.[3]

Quintáns López foi detido ás poucas horas xunto a outro dos membros, Ramón Piñeiro Beiro, cando se atopaban agochados nun barranco preto da estrada. Foron descubertos coa pistola do vixilante xurado e a do garda civil morto.[7] Quintáns López foi condenado xunto con outros oito integrantes do grupo terrorista: Josefa Rodríguez Porca, Francisco Javier Filgueira, Juan Carlos Deibe Varela, Manuel Irago Pereira, Alexandra de Queiroz Vaz Pinheiro, Francisco Xavier Niño Ricoy, Ramón Piñeiro Beiro e Eduardo Abad Loxo.[3] En marzo de 1996, o Tribunal Supremo de España recoñeceu que a morte do garda civil en Irixoa non foi intencionada.[8] Porén, non foi xulgado até 1999, xa que após a súa detención quedou en liberdade. Cando se ditou a orde de busca e captura xa marchara vivir a México e non foi localizado até pasados catro anos,[3] preto do seu domicilio na cidade de Morelia, onde traballaba nun xornal local. En 1999, México concedeu a súa extradición, resolta en novembro,[4] e pasou a cumprir condena no cárcere de máxima seguridade de Alcalá Meco (España).

Como escritor[editar | editar a fonte]

Durante a súa estadía no cárcere (tanto en México como en España) dedicouse a escribir contos e narracións breves. Algúns deles foron publicados en xornais mexicanos e obtivo algúns recoñecememtos literarios, como os dous segundos premios polas súas narracións breves no Premio Modesto R. Figueiredo de 2007 (por Desartellados) e 2009 (por A movida).

Obras
  • Planeta Inferno (2007)
  • En cana (2009)
  • Días de muertos: extracto del expediente de Jorge López Serrano (2009)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Planeta Inferno Tapa blanda – data=14 setembro de 2007". Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  2. "Juzgan a un ex guerrilheiro por el asesinato de un guardia civil en 1989". La Voz de Galicia. 28 de febreiro de 2003. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "A ex-militante do Exército Guerrilheiro 'Sefa' Rodríguez Porca, en liberdade definitiva". Nós Diario. 5 de decembro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Condenan a 72 años al «guerrilheiro» Quintáns por el atentado de Irixoa". La Voz de Galicia. 27 de xuño de 2003. Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  5. "Josefa Rodríguez Porca, 83 años por atentado con muerte del Exército Guerrilleiro". Faro de Vigo. 22 de outubro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  6. El ex guerrilheiro juzgado por matar a un guardia civil dice que disparó «a ciegas» Arquivado 24/10/2013, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 7/4/03
  7. "Condenado a 72 años de cárcel un miembro del Exército Guerrilheiro por matar a un guardia civil". El Mundo. 27 de xuño de 2003. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  8. "O Tribunal Supremo, recoñece que a morte dun garcla civil en lrixoa non foi intencionada" (PDF). A Nosa Terra. 11 de abril de 1996. Consultado o 6 de outubro de 2023.