Francisco Javier Filgueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Javier Filgueira
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Actividade
Membro de

Francisco Javier Filgueira Domínguez,[1] nado en 1959, é un sindicalista e militante independentista galego que foi un membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive.[2] O 2 de febreiro de 1989, participou na primeira acción terrorista do grupo que provocou unha vítima mortal,[3] polo cal foi detido dous días despois xunto coa xefa do comando, Josefa Rodríguez Porca,[4] e condenado pola Audiencia Nacional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1994, a Audiencia Nacional impúxolle unha condena de 76 anos[5] polo atentado perpetrado o 2 de febreiro de 1989 en Irixoa, no cal morreu un axente da Garda Civil, Benedicto García Ruzo, e foi ferido o seu compañeiro Antonio Pérez Freire. No atentado, o comando liderado por Josefa Rodríguez Porca secuestrou un vixilante xurado, rouboulle a arma e simulou un accidente de tráfico na estrada que une as localidades de Irixoa e Monfero. O obxectivo era chamar á Garda Civil e así facerse coas súas armas e uniformes. Filgueira foi o responsable de alugar ao seu nome o coche que usou o comando no atentado.[6]

Cando os axentes chegaron ao lugar do presunto "accidente" arredor da unha da mañá,[7] comezou un tiroteo, resultando na morte dun deles.[8][9] Nun principio, Filgueira conseguiu fuxir e agocharse durante dous días nunha toxeira xunto coa xefa do comando, Josefa Rodríguez Porca,[10] mais finalmente foron localizados por un helicóptero da policía[3] e foi condenado xunto con outros oito integrantes do grupo terrorista: Josefa Rodríguez Porca, Ramón Piñeiro Beiro, Juan Carlos Deibe Varela, Manuel Irago Pereira, Alexandra de Queiroz Vaz Pinheiro, Francisco Xavier Niño Ricoy, Manuel Quintáns López e Eduardo Abad Loxo.[3] En marzo de 1996, o Tribunal Supremo de España recoñeceu que a morte do garda civil en Irixoa non foi intencionada.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Juzgan a un ex guerrilheiro por el asesinato de un guardia civil en 1989". La Voz de Galicia. 28 de febreiro de 2003. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  2. "El 'guerrilleiro' Ramón Piñeiro dice ante el juez que no pretendían matar". El País. 7 de febreiro de 1989. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "A ex-militante do Exército Guerrilheiro 'Sefa' Rodríguez Porca, en liberdade definitiva". Nós Diario. 5 de decembro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  4. "Detenida la supuesta jefa del comando que asesinó a un guardia civil en La Coruña". 6 de outubro de 2023 (en castelán). 5 de febreiro de 1989. 
  5. El último capítulo de una breve historia radical Arquivado 26/10/2013, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 7/4/2003
  6. "Detenida la supuesta jefa del comando que asesinó a un guardia civil en La Coruña". 6 de outubro de 2023 (en castelán). 5 de febreiro de 1989. 
  7. "Condenan a 72 años al «guerrilheiro» Quintáns por el atentado de Irixoa". La Voz de Galicia. 27 de xuño de 2003. Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  8. "Josefa Rodríguez Porca, 83 años por atentado con muerte del Exército Guerrilleiro". Faro de Vigo. 22 de outubro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  9. El ex guerrilheiro juzgado por matar a un guardia civil dice que disparó «a ciegas» Arquivado 24/10/2013, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 7/4/03
  10. "Detenida la supuesta jefa del comando que asesinó a un guardia civil en La Coruña". 6 de outubro de 2023 (en castelán). 5 de febreiro de 1989. 
  11. "O Tribunal Supremo, recoñece que a morte dun garcla civil en lrixoa non foi intencionada" (PDF). A Nosa Terra. 11 de abril de 1996. Consultado o 6 de outubro de 2023.