Juan Carlos Deibe Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Carlos Deibe Varela
Actividade
Membro de

Juan Carlos Deibe Varela,[1] nado en 1968, é un militante independentista galego que foi un membro do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive.[2] O 2 de febreiro de 1989, participou na primeira acción terrorista do grupo que provocou unha vítima mortal,[3] polo cal foi condenado pola Audiencia Nacional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1994, a Audiencia Nacional impúxolle unha condena de 72 anos polo atentado perpetrado o 2 de febreiro de 1989 en Irixoa, no cal morreu un axente da Garda Civil, Benedicto García Ruzo, e foi ferido o seu compañeiro Antonio Pérez Freire. No atentado, o comando liderado por Josefa Rodríguez Porca secuestrou un vixilante xurado, rouboulle a arma e simulou un accidente de tráfico na estrada que une as localidades de Irixoa e Monfero. O obxectivo era chamar á Garda Civil e así facerse coas súas armas e uniformes. Filgueira foi o responsable de alugar ao seu nome o coche que usou o comando no atentado.[4] Deibe Varela dirixiuse ao lugar planeado con Francisco Javier Filgueira nun coche alugado por Filgueira.[5][4]

Cando os axentes chegaron ao lugar do presunto "accidente" arredor da unha da mañá,[6] comezou un tiroteo, resultando na morte dun deles.[7][8] Foi condenado xunto con outros oito integrantes do grupo terrorista: Josefa Rodríguez Porca, Ramón Piñeiro Beiro, Francisco Javier Filgueira, Manuel Irago Pereira, Alexandra de Queiroz Vaz Pinheiro, Francisco Xavier Niño Ricoy, Manuel Quintáns López e Eduardo Abad Loxo.[3] En marzo de 1996, o Tribunal Supremo de España recoñeceu que a morte do garda civil en Irixoa non foi intencionada.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Juzgan a un ex guerrilheiro por el asesinato de un guardia civil en 1989". La Voz de Galicia. 28 de febreiro de 2003. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  2. "El 'guerrilleiro' Ramón Piñeiro dice ante el juez que no pretendían matar". El País. 7 de febreiro de 1989. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "A ex-militante do Exército Guerrilheiro 'Sefa' Rodríguez Porca, en liberdade definitiva". Nós Diario. 5 de decembro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Detenida la supuesta jefa del comando que asesinó a un guardia civil en La Coruña". 6 de outubro de 2023 (en castelán). 5 de febreiro de 1989. 
  5. "Condenado a 72 años de cárcel un miembro del Exército Guerrilheiro por matar a un guardia civil". El Mundo. 27 de xuño de 2003. Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  6. "Condenan a 72 años al «guerrilheiro» Quintáns por el atentado de Irixoa". La Voz de Galicia. 27 de xuño de 2003. Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  7. "Josefa Rodríguez Porca, 83 años por atentado con muerte del Exército Guerrilleiro". Faro de Vigo. 22 de outubro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2023. 
  8. El ex guerrilheiro juzgado por matar a un guardia civil dice que disparó «a ciegas» Arquivado 24/10/2013, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 7/4/03
  9. "O Tribunal Supremo, recoñece que a morte dun garcla civil en lrixoa non foi intencionada" (PDF). A Nosa Terra. 11 de abril de 1996. Consultado o 6 de outubro de 2023.