Manuel Portas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Manuel Portas Fernández")
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Portas (homónimos).
Manuel Portas Fernández
Manuel Portas Fernández
Nacemento: 1960
Barcelona, España
Lingua: Galego
Xénero(s):

Manuel Portas Fernández, nado en Barcelona en 1960, é un sociolingüista galego.

Índice

[editar] Traxectoria

É profesor de Lingua e Literatura no Instituto Xelmírez I, de Santiago de Compostela, centro que dirixiu dende o ano 1987 até 1996, impulsando a súa galeguización.

Publicou, entre outras, Língua e sociedade na Galiza (1991), unha obra que promove a sensibilidade social cara á lingua, e que realiza unha historia da lingua galega desde unha perspectiva sociolingüística. No mundo do idioma, ademais de desempeñar postos na dirección da Associaçom Galega da Língua, foi membro da comisión fundadora da Mesa pola Normalización Lingüística. Participou na fundación da Mesa pola Normalización Lingüística e coordinou a Revista Enclave, sendo tamén membro do Consello de Administración do xornal A Nosa Terra. Foi responsábel local do BNG e concelleiro en Santiago de Compostela.

En 2010 publicou a súa primeira novela, Denso recendo a salgado.

Manuel Portas nunha conferencia no IES A Sangriña na Guarda, Pontevedra.

[editar] Obras

[editar] Ensaio

[editar] Narrativa

  • Denso recendo a salgado, 2010, Xerais, novela.
  • Un dedo manchado de tinta, 2011, Xerais, novela.

[editar] Obras colectivas

  • Estudo Crítico das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, 1983, AGAL.
  • Prontuário Ortográfico do Galego, 1985, AGAL.
  • Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1986, AGAL.
  • A formazón de novos campos léxicos, 1986.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas