Manuel María Manso Quijano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel María Manso Quijano
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 2006 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Head of the Military Room of the House of His Majesty the King of Spain (en) Traducir
19 de xaneiro de 1983 – 18 de marzo de 1985
← Joaquín María de Valenzuela y Alcíbar Jáuregui (en) TraducirGonzalo Puigcerver Romá (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial da armada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militaralmirante
Capitão de Fragata (pt) Traducir
kontr-admiral (en) Traducir
Korvettenkapitän (en) Traducir
alférez de navío (en) Traducir
Vicealmirante Editar o valor em Wikidata
Premios

Manuel María Manso Quijano, nado en Ferrol o 5 de outubro de 1918 e finado en Madrid o 4 de agosto de 2006, foi un militar da Mariña almirante da Armada, Capitán xeneral da zona marítima do Mediterráneo e xefe do Cuarto Militar del-Rei.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Aos 18 anos, ao comezar a guerra civil, incorporouse á Armada como mariñeiro voluntario no lado nacional; estivo embarcado no Almirante Cervera desde setembro de 1936 a xuño de 1938.

Obtivo os graos de gardamariña de segunda (1938), de primeira (1940) e alférez de navío (1942). Destinado, como alumno en prácticas, no buque escola Juan Sebastián Elcano e no minador Neptuno, formou parte da dotación de oficiais dos buques Escano, Minador Eolo, Almirante Cervera, Vulcano e Juan Sebastián Elcano. Foi segundo comandante do destrutor Melilla (1945). Ascendeu a capitán de corveta en 1950.

Neste tempo estivo destinado no Alto Estado Maior (1951), no Estado Maior da Escuadra e no Estado Maior da Frota como xefe de operacións (1952-1953). Exerceu o mando do cazasubmariños Audaz e asumiu a xefatura de operacións do Estado Maior da Frota entre os anos 1961 e 1962. En 1960, como capitán de fragata, foi comandante do destrutor Jorge Juan (1962-1964), logo xefe de operacións e segundo xefe do Estado Maior da Frota (1964-1965), e segundo comandante da Escola Naval Militar de Marín (1965-1968).

A bordo do Galicia, escribiu unhas reflexións sobre Camaradería, compañeirismo e amizade. En marzo de 1975 foi ascendido a contralmirante e a vicealmirante o 24 de novembro de 1977. Destinado ao Estado Maior da Armada, primeiro como xefe da división de Estratexia e, un ano despois, como segundo xefe do EMA (1978). O 3 de marzo de 1982 ascende a almirante e cesa na Frota para desempeñar a capitanía xeneral da zona marítima do Mediterráneo en Cartagena.

O 14 de xaneiro de 1983 asumiu a xefatura do Cuarto Militar da Casa del Rei, sendo o primeiro almirante da Armada que ocupa este destino, substituíndo o tenente xeneral do Exército Joaquín de Valenzuela.

Condecoracións[editar | editar a fonte]

Datos persoais[editar | editar a fonte]

Era fillo de María do Carme Quijano Gómez e de Xosé Manso Díaz, terceiro xeneral do Corpo de Maquinistas da Armada, que á súa vez foi o primeiro maquinista que acadou o grao de xeneral de división. Manuel María Manso cursou estudos de bacharelato no instituto de ensino medio de Ferrol.