Maja Haderlap

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaja Haderlap

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Eisenkappel-Vellach, Austria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura Editar o valor em Wikidata
Ocupacióntradutora , escritora , dramaturgo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Klagenfurt Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía e novela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua eslovena Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm10361083 Editar o valor em Wikidata

Maja Haderlap, nada en Eisenkappel-Vellach, Carintia, o 8 de marzo de 1961, é unha escritora austríaca de orixe eslovena que emprega o alemán e o esloveno nas súas creacións literarias.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada no seo da comunidade de eslovenos de Carintia, logo de cursar o ensino media en Klagenfurt trasladouse a Viena para estudar dramaturxia e xermanística na universidade. Durante esta etapa escribiu os seus primeiros poemarios en esloveno: Žalik pesmi (1983), Bajalice (1987) e Pesmi (1989). Exerceu como docente no Instituto de Literatura Comparada da Universidade de Klagenfurt e entre 1992 e 2007 foi directora do teatro municipal da cidade. Tamén foi editora da revista cultural en esloveno Mladje.

Autora de varios obras de lírica, ensaio e narrativa, destaca a súa novela Engel des Vergessens (2011). Nela adéntrase no trauma colectivo derivado da persecución dos nazis aos eslovenos de Carintia e a difícil convivencia logo da segunda guerra mundial. Para iso mostra a historia da súa familia: o seu avó partisano e a súa avoa internada no campo de concentración de Ravensbrück, mentres que o seu pai foi torturado con dez anos. As consecuencias marcan a vida das xeracións posteriores polo que continúa a obra rememorando a construción da súa identidade baixo as discriminacións e humillacións que decote sufrían os eslovenos de Carintia nas décadas de 1960 e 1970.

A obra colleitou grande éxito entre o público e a crítica e foi merecente dalgúns dos máis importantes galardóns literarios de Austria en 2011 como o Ingeborg Bachmann,[1] o Bruno-Kreisky-Preis[2] e o Rauriser Literaturpreis de 2011.[3] Grazas a sona acadada, o libro foi traducido a diferentes idiomas e consolidou a Haderlap como unha das autoras de referencia tanto das letras en alemán como en esloveno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Le prix Ingeborg-Bachmann à Maja Haderlap". Livres Hebdo (en francés). Consultado o 2021-08-05. 
  2. Um 15:54, 05 01 2012 (2012-01-05). "Maja Haderlap erhält Bruno-Kreisky-Buch-Preis". Die Presse (en alemán). Consultado o 2021-08-05. 
  3. "Rauriser Literaturpreis für Maja Haderlap". salzburg.orf.at (en alemán). 2012-02-07. Consultado o 2021-08-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]