Madame de Pompadour

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madame de Pompadour.

Jeanne-Antoinette Poisson, Marquise de Pompadour, nada en París o 29 de decembro de 1721 e finada en Versalles o 15 de abril 1764, foi amante do rei Luís XV de Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sospéitase que o seu pai biolóxico era o rico financeiro Le Normant de Tournehem, que se converteu no seu titor cando forzaron ao seu pai oficial a saír do país en 1725 logo dun escándalo e ela viviu coa súa nai e irmá. Muller intelixente e educada, tamén aprendeu bailar, gravar e tocar a guitarra. Casárona en 1741 (á idade de 19) con Charles-Guilaume Le Normant d'Etiolles, sobriño do seu titor. Con el tivo dous nenos, un raparigo que morreu o ano logo do seu nacemento en 1741, e Alexandrine-Jeanne, nacida o 10 de agosto de 1744 e alcumada "Fanfan". Polo seu matrimonio puido frecuentar a corte , onde coñeceu ó rei Luís XV, de quen, a partir de 1745, se converteu en amante.

Logo de divorciar, trasladouse a vivir ó Palacio Real e adquiriu unha considerable influencia política (conseguiu desfacerse dos ministros Orry, Monrepas, Argenson e Machault, e protexeu a Bernis, Choiseul e Soubise), motivo polo cal ese período foi chamado «reinado Pompadour». Foi xenerosa mecenas do saber e das artes e creou a famosa fábrica de porcelana en Sévres. Amiga de Voltaire, favoreceu ós enciclopedistas.