METZ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
METZ
OrixeOtava, Canadá
Período2008 - presente
Xénero(s)noise rock, hardcore punk, post-hardcore, post-punk, grunge
Selo(s) discográfico(s)Sub Pop Records, Royal Mountain, Three One G, Swami Records
MembrosAlex Edkins
Chris Slorach
Hayden Menzies
Na rede
metzztem.com
Facebook: metz Twitter: METZtheband Instagram: metz_theband Tumblr: metzztem MySpace: metztheband Bandcamp: metz Spotify: 18TNVFTJ6WfeicsMRrdJHI Last fm: Metz Musicbrainz: 449c400c-8312-4c1d-bed8-c8d774090759 Songkick: 615340 Discogs: 1333275 Allmusic: mn0002969945 Genius: Metz Editar o valor em Wikidata

METZ é unha banda canadense de noise rock formada en Otava pero baseada en Toronto.[1][2][3] O grupo está composto polo guitarrista e vocalista Alex Edkins, o baixista Chris Slorach e o batería Hayden Menzies.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada no ano 2008, METZ editou o seu autotitulado álbum de estrea a través do selo Sub Pop en 2012.[4] O disco entrou na lista de candidatos ao Polaris Music Prize 2013 o 16 de xullo de 2013.[5]

O 17 de febreiro de 2015 a banda anunciou un novo álbum, II, co lanzamento do seu primeiro tema, "Acetate", acompañado dun vídeo musical; o disco sería publicado o 5 de maio dese ano en Norteamérica e o día anterior no resto do mundo. II foi un dos candidatos ao Polaris Music Prize 2015.[6]

En maio do ano 2017 METZ anunciou o seu terceiro álbum de estudio, Strange Peace, gravado por Steve Albini. O disco publicouse o día 22 de setembro dese ano.[7][8]

No mes de xullo de 2020 a banda anunciou que o seu cuarto álbum de estudio, Atlas Vending, sería editado o 9 de outubro novamente a través de Sub Pop Records.[9]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
METZ 2012 Sub Pop
II 2015 Sub Pop
Strange Peace 2017 Sub Pop
Atlas Vending 2020 Sub Pop
Up on Gravity Hill 2024 Sub Pop

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Exclaim! (ed.). "METZ Sign to Sub Pop, Plot Debut Album for October Release". Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  2. Pitchfork (ed.). "Metz". Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  3. The Guardian (ed.). "New band of the week: METZ". Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  4. The Globe and Mail (ed.). "Meet METZ, Toronto’s newest rock trio". Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  5. Exclaim! (ed.). "Polaris Music Prize Unveils 2013 Long List". Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  6. Exclaim! (ed.). "Polaris Music Prize Announces 2015 Long List". Consultado o 6 de xuño de 2017. 
  7. Records, Sub Pop. "METZ - Strange Peace". Sub Pop Mega Mart (en inglés). Consultado o 2020-09-29. 
  8. Subscribe. "Back to the drawing board: Metz". diymag.com (en inglés). Consultado o 2020-09-29. 
  9. Strauss, Matthew. "METZ Announce New Album Atlas Vending, Share Video for New Song". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-09-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]