Zacky Vengeance

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zacky Vengeance
Zacky Vengeance (2007).jpg
Nome completo Zackary James Baker
Alias Zacky Vengeance
Naceu 11 de decembro de 1981 (32 anos)
Orixe Huntington Beach, California Flag of the United States.svg
Ocupación (s) Músico
Xénero Hard Rock, Metal
Instrumento(s) guitarra, voz(coros)
Selo(s) discográfico (s) Warner Bros. Records
Relacionado con Avenged Sevenfold
Na rede
http://www.vengenz.com/

Zackary James Baker, tamén coñecido como Zacky Vengeance nos escenarios, nado o 11 de decembro de 1981 en California (EE.UU.), é o guitarrista rítmico da banda americana Avenged Sevenfold.

Biografía e vida persoal[editar | editar a fonte]

Zackary James Baker naceu o 11 de decembro de 1981 en California(EE.UU.), os seus pais chámanse Jim e Maria Baker, ten un irmán chamado Matt e unha irmá chamada Zina. O 9 de xullo de 2011 casou con Gena Paulhus.
Comezou a aprender a tocar a guitarra aos trece anos de maneira autodidacta e utilizando unha guitarra que lle regalaran os seus pais, que era para destros (sendo el zurdo). Estudou en Huntington Beach High School, onde coñeceu a M. Shadows co cal formaría o grupo de metal Avenged Sevenfold. Estando no instituto xogaba ao béisbol e quería ser xogador profesional, mais finalmente decidíuse pola música.
Ten dous cans chamados Ichabod Vengeance e Majesty. Ten múltiples tatuaxes no seu corpo, destacando nas costas a palabra Vengeance e o número 7, e no pescozo "forever" como recordo do seu amigo falecido The Rev.
Posúe unha liña de roupa chamada "Vengeance University". Os seus diseños caracterízanse por levar a marca VU e 6661. O número 6661 é o ano no que a banda (Avenged Sevenfold) foi formada (1999) dado a volta.
O seu nome Zacky Vengeance é adicado como vinganza a tódalas persoas que nos comezos non confiaban nel e crían que non triunfaría. Foi o que tivo a idea da sigla "A7X" para Avenged Sevenfold.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Cando tiña 13 anos comezou a aprender a tocar a guitarra de maneira autodidacta, vendo ás súas bandas favoritas e lendo a revista Guitar World. Nun principio formou parte dunha banda de punk chamada "MPA"(Mad Porno Action), mais deuse conta de que non tería éxito e formou a banda de metal Avenged Sevenfold xunto a M. Shadows e The Rev aos cales coñecía do instituto de Huntington Beach. As súas influencias son Rancid, Misfits e Bad Religion; e entre as súas bandas favoritas están Metallica e Guns N' Roses.
O 20 de abril de 2011 gañou o premio de Revolver Golden por Mellor Guitarrista xunto co seu compañeiro Synyster Gates.

Equipamento[editar | editar a fonte]

Está patrocinado por Schecter Guitar Research desde 2004 e ten varios modelos exclusivos S-1 personalizados e diseñados por el. E os amplificadores que utiliza son Marshall.

Das guitarras utilizadas destacan:

  • The Vengeance Standard model
  • Schecter S-1
  • The ZV Blade(2009 )
  • The ZV special con FR (como se pode ver nas escenas Live in the LBC DVD)
  • The ZV "Gynecologist" (con pingas de sangue).
  • Schecter Vengeance 6661 2011 model prototype