City of Evil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
City of Evil
Álbum de Avenged Sevenfold
Publicado: {{{publicado}}}
Datas de gravación: Abril de 2005
Estudio(s) de gravación:
Duración: {{{duración}}}
Xénero: Hard Rock, Metal
Selo(s): Warner Bros. Records
Producido por: Andrew Murdock e Avenged Sevenfold
Cronoloxía
Waking the Fallen (2003) City of Evil Avenged Sevenfold (2007)

City of Evil é o terceiro álbum de estudio da banda americana Avenged Sevenfold. Caracterízase por ser o primeiro deles feito cunha grande discográfica, Warner Bros. Records.

Características[editar | editar a fonte]

Foi publicado o 7 de xuño de 2005. Neste álbum a banda afástase do estilo metalcore dos álbums anteriores, adoptando un estilo hard rock e heavy metal, máis característico de bandas, como por exemplo Guns N' Roses, favoritas dos integrantes. Meses antes da gravación do álbum, o cantante M. Shadows, estivo a mellorar a súa voz co adestrador vocal Ron Anderson (famoso por traballar con Axl Rose de Guns N' Roses ou Chris Cornell de Soundgarden entre outros). Despois da saída do álbum, espallouse o rumor de que a razón pola que M. Shadows deixara de berrar, fora pola operación á que tivera que someterse tralo "Warped Tour 2003", mais o produtor Andrew Murdock desmentiuno dicindo que cando coñecera a banda en Sounding the Seventh Trumpet, M. Shadows díxolle que querían un álbum con berros, o seguinte metade berros-metade cantando e despois dese un completamente cantado, que xa non quería berrar máis.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Beast and the Harlot" – 5:40
  2. "Burn It Down" – 4:58
  3. "Blinded in Chains" – 6:34
  4. "Bat Country" – 5:13
  5. "Trashed and Scattered" – 5:53
  6. "Seize the Day" – 5:32
  7. "Sidewinder" – 7:01
  8. "The Wicked End" – 7:10
  9. "Strength of the World" – 9:14
  10. "Betrayed" – 6:47
  11. "M.I.A." – 8:46

Tódalas cancións foron escritas por Avenged Sevenfold. Destaca a colaboración de Brian Haner, Sr. (pai de Synyster Gates e tamén coñecido por Papa Gates ou Guitar Guy) no solo de guitarra acústica da canción "Sidewinder".

Videografía[editar | editar a fonte]

O 4 de maio de 2005 publícase un vídeo promocional da canción "Burn It Down" feito do mesmo xeito que o da canción "Unholy Confessions" do álbum Waking the Fallen, con imaxes dunha actuación da banda pero o audio é dobrado. O 28 de xullo de 2005 publican o seu primeiro vídeo profesional para a canción "Bat Country", dirixido por Marc Klasfeld. O 6 de xaneiro de 2006 publican un vídeo para a canción "Beast and the Harlot", dirixido por Tony Petrossian. E por último o 6 de xuño de 2006 publican o vídeo da canción "Seize the Day", dirixido por Wayne Isham.

Créditos[editar | editar a fonte]

  • M. Shadows – voz
  • Synyster Gates – guitarra principal,coros e guitarra acústica en "Seize the Day"
  • Zacky Vengeance – guitarra rítmica
  • Johnny Christ – baixo
  • Jimmy "The Rev" Sullivan – batería, coros e piano en "Seize the Day"
  • Producido por Andrew Murdock e Avenged Sevenfold, coa produción adicional de Fred Archambault e Scott Gilman
  • Misturado oor Andy Wallace
  • Masterizado por Eddie Schreyer
  • Orquestración por Scott Gilman, Synyster Gates, e M. Shadows
  • Brian Haner, Sr. – guitarras adicionais, pedal steel guitar, solo de guitarra acústica esquerdo en "Sidewinder"