Synyster Gates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Synyster Gates
Nome completoBrian Elwin Haner, Jr.
AliasSynyster Gates
Data nacemento7 de xullo de 1981 (42 anos)
Nado enHuntington Beach (California)
OcupaciónMúsico
XéneroHard Rock, Metal
Instrumento(s)guitarra, piano, voz
Selo(s) discográfico(s)Good Life Recordings, Hopeless, Warner Bros. Records, Bucktan
Relacionado conAvenged Sevenfold, Pinkly Smooth
Na rede
http://www.syngates.com
IMDB: nm3143814 Rottentomatoes: celebrity/synyster_gates
Musicbrainz: 1a514796-a056-4b62-b54e-363f6fa39ce5 Discogs: 591866 Allmusic: mn0000941662 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Brian Elwin Haner, Jr., nado en Huntington Beach (California) o 7 de xullo de 1981, é o guitarrista líder da banda de rock estadounidense Avenged Sevenfold, tamén coñecido como Synyster Gates ( ou Syn ) .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brian Elwin Haner é fillo de Jan Gera e Brian Haner (Sr.). O seu pai e tamén coñecido por “Papa Gates” ou “Guitar Guy”, e participou varias veces nos álbums de Avenged Sevenfold como guitarrista. Ten dous irmáns chamados Brent e McKenna e un medio irmán Johnny. É o único membro de Avenged Sevenfold que non estudou en Huntington High School, senón que o fixo no Mayfair High School. Entrou na banda a través de The Rev, o cal coñeceu nunha tenda de metal e tras falar e descubrir que ambos eran músicos fixéronse inseparables. Estudou no Instituto de Músicos en Hollywood como parte do programa GIT ( Guitar Institute of Tecnology ) onde estudou guitarra jazz. Os seus avós déronlle a súa primeira guitarra cando tiña 10 anos, comeza aprendendo a tocar vendo vídeos e lendo libros, algo que destaca sendo o seu pai un recoñecido guitarrista e compositor. A primeira canción que aprendeu a tocar foi “Stairway to Heaven”, e con 12 anos xa sabía tocar cancións de oído.

En maio de 2010 casa con Michelle DiBenedetto (irmá xemelga de Valary DiBenedetto, esposa de M. Shadows). É alérxico ás abellas e ten unha cadela chamada Pinkly. Dirixe xunto coa súa esposa unha liña de roupa chamada “Syn Gates Clothing”. A súa primeira tatuaxe foi un número 1 no dedo polgar dunha man. Trala morte de The Rev tatuouse no peito FOREVER na súa honra.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Con 18 anos, The Rev invítao a formar parte de Avenged Sevenfold, acepta e abandona os seus estudos. O seu nome artístico inventouno de forma esporádica, segundo conta no DVD All Excess, cando ía bébedo en coche con The Rev polo parque e dixo sen saber por que: “Son Synyster Gates, e son fodidamente abraiante”.

Tamén participou nunha banda chamada Pinkly Smooth como guitarrista, que formaron en 2001 en Huntington Beach, xunto a The Rev como vocalista e tocando o piano, Buck Silverspur no baixo, Justin Meacham no piano e D-Rock na batería. Sacaron un álbum chamado Unfortunate Snort coa discográfica Bucktan Records. Tralo falecemento de The Rev as ideas dun novo proxecto do grupo despareceron, mais Synyster Gates pensou na posibilidade de remasterizar Unfortunate Snort e relanzar o álbum.

Gates cita coma os seus guitarristas favoritos e maiores influencias Django Reinhardt, Yitzhak Rochin, Francis Canavan, Frank Gambale, Jimi Hendrix, Jimmy Page, Tony Iommi, Brian May, Slash, Kirk Hammett, Dimebag Darrell, Randy Rhoads, Zakk Wylde, Alexi Laiho, Jani Liimatainen e John Petrucci.

O 12 de decembro de 2012, Brian Haner (o seu pai) publica o seu álbum Alone, no que Synyster Gates traballou como produtor. En xaneiro de 2013, presenta na exposición de produtos musicais, NAMM, celebrada en Estados Unidos a súa propia liña de amplificadores chamada Hellwin Amps[1] coa colaboración da marca de guitarras Schecter, a mesma marca coa que ten a súa liña e guitarras[2].

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • Bleeding Through's - "Savior, Saint, Salvation" (Canción con M. Shadows).
  • Good Charlotte - The River (Vídeo Musical e canción con M. Shadows).
  • Burn Halo - "Dirty Little Girl" (Canción e vídeo de música)
  • Burn Halo - "Anejo" (Canción)
  • Brian Haner - "Blow-Up Doll" (Vídeo de música)
  • Axe Wound - "Vultures" (Canción)
  • New Machine Gun Kelly - Save Me (Canción con M. Shadows)

Equipamento[editar | editar a fonte]

Guitarras[editar | editar a fonte]

Actualmente é patrocinado por Schecter Guitars, e fabrican modelos especiais para el. Algúns dos modelos utilizados son:

  • Schecter Synyster Gates Signature Special model con Seymour Duncan SH-8 Invaders.
  • Schecter Synyster Gates Signature Custom modelos con Seymour Duncan SH-8 Invaders.
  • Modelo Schecters con Bandeiras de [[Alemaña]] e de Estados Unidos, negro con raias vermellas, branco con raias douradas e unha con Tune-O-Matic Bridge.
  • Schecter Synyster Gates modelo coas palabras "REV" en vez de "SYN" usada para o vídeo de "So Far Away".
  • Prototipo de Schecter Synyster Gates Custom
  • Prototipo Especial da Schecter Synyster.
  • Prototipo Deluxe da Schecter Synyster.
  • Schecter Synyster Special
  • Schecter Synyster Deluxe
  • Schecter Avenger
  • Schecter C-1 Classic - Azul Transparente
  • Schecter Custom C-1 FR
  • Schecter Hellraiser C-1 FR
  • Schecter PT Fastback
  • Schecter S-1 cargada con Seymour Duncan JBs
  • Schecter Banshee
  • Gibson Les Paul en branco ártico que se usou no vídeo de Unholy Confessions.
  • Parker Fly
  • Ibanez - RG Prestige
  • 1957 Fender Stratocaster Deluxe (Con Pastillas Humbucker)

Amplificadores e efectos[editar | editar a fonte]

Usou Bogner, Marshall, Mesa/Boogie e outros moitos amplificadores no estudio, mais ultimamente nos concertos víuselle usar Bogner.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Páxina oficial de Hellwin Amps
  2. "Guitarras Schecter Synyster Gates". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de xaneiro de 2013.