Good Charlotte
| Good Charlotte | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Waldorf, Maryland, Estados Unidos |
| Período | 1996 - actualidade |
| Xénero(s) | |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | |
| Antigos membros | |
| Web oficial | |
Good Charlotte é unha banda de pop-punk de Waldorf, Maryland que se formou en 1996. O nome ten a súa orixe nun conto infantil chamado Good Charlotte: The Girls of Good Day Orphanage, de Carol Beach York. Xa contan con catro álbums de estudio e os seus compoñentes actuais son Jodel e Benji Madden nas voces, coros e guitarra, Billy Martin no teclado e mais a guitarra e Dean Butterworth á batería.
Discos[editar]
Good Charlotte
Ata o 1999, Good Charlotte tocou en clubes e outros escenarios e colaborou con outros grupos como Blink-182. Logo, firmaron contrato con Epic Records. O disco saliu no ano 2000 e nel destaca a canción Little Things
The Young and the Hopeless
The Young and the Hopeless saiu no 2002 foi moi popular co single Lifestiles of the Riches and Famous. Seguíronlle outros catro singles tamén famosos, grazas aos cales venderon 3 millóns de copias. A banda empeceou entón a ter múltiples entrevistas e concertos.
The Chronicles of Life and Death
Este disco saiu en 2004 e supuxo un pequeno cambio no sonido habitual do grupo. Os singles máis coñecidos son I Just Wanna Live e Predictable. Nesta época cambiaron de batería. O anterior, Chris Wilson retirouse da banda por razóns de saúde e foi substituído polo actual batería Dean Butterworth.
Good morning revival.
Este disco saiu en 2007 e foi moi exitoso nos Estados Unidos pero tamén noutros nove países. As cancións máis coñecidas deste disco son Keep Your Hands Off My Girl e The River.