Lymantria dispar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lymantria dispar

Macho adulto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Superfamilia: Noctuoidea
Familia: Erebidae
Subfamilia: Lymantriinae
Tribo: Lymantriini
Xénero: Lymantria
Especie: L. dispar
Nome binomial
Lymantria dispar
(Linnaeus, 1758)
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Lymantria dispar é unha especie de insecto lepidóptero da familia dos erébidos (antes, da dos limantríidos),[1][2] de orixe euroasiática.

Orixinariamente habitaba en Europa e Asia, pero foi introducida en Norteamérica a finais da década de 1860.

Trátase dunha especie defoliante que, en España, ataca principalmente a especies do xénero Quercus, aínda que pode atacar a outras frondosas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae co nome de Phalaena dispar.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Lymantria dispar componse de dúas palabras derivadas do latín. Lymantria significa "destrutor",[4] e a palabra dispar deriva da propia palabra latina que significa "separar", resaltando as diferentes características dos dous sexos.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais do nome actualmente válido, a especie oñeceusa tamén polos sinónimos:[3]

  • Liparis dispar (Linnaeus, 1758)
  • Ocneria dispar (Linnaeus, 1758)
  • Phalaena dispar Linnaeus, 1758 (protónimo)
  • Porthetria dispar (Linnaeus, 1758)

Subespecies[editar | editar a fonte]

Recoñécense as seguintes subespecies:[3]

  • Lymantria dispar subsp. dispar (Linnaeus, 1758)
  • Lymantria dispar subsp. japonica Motschulsky, 1860
  • Lymantria dispar subsp. kolthoffi Bryk, 1949
  • Lymantria dispar subsp. koreibia Bryk, 1949
  • Lymantria dispar subsp. postalba Inoue, 1956
  • Lymantria dispar subsp. tsushimensis Inoue, 1956
  • Lymantria dispar subsp. umbrosa Butler, 1881

Características[editar | editar a fonte]

No seu estadio de imago presenta un marcado dimorfismo sexual: a femia ten ás características de cor branca; ademais é moi torpe, tanto que as da subespecie Lymantria dispar dispar son incapaces de voaren. O seu ciclo de vida dura un ano. As bolboretas aparéanse en xullo, colocando a posta en forma de características masas de cor amarela. Os ovos son moi resistentes ao frío. Na primavera eclosionan os ovos, e nacen as eirugas, que pasan catro ou cinco mudas até chegar á fase de imago.

Especie invasora[editar | editar a fonte]

O entomólogo afeccionado francés Étienne Léopold Trouvelot (1827-1895), por motivos que nunca se esclarecron, introduciu a especie nos Estados Unidos a mediados da década de 1860. Desde entón, a imparábel expansión desta avelaíña vén causando danos considerábeis nos bosques madeireiros de Norteamérica.[5]

Nos Estados Unidos tratouse de combater a esta especie cun control biolóxico, cunha especie de avespa parasitoide dos ovos, Ooencyrtus kuvanae. Esta avespa é capaz de parasitar a moitas outras especies de lepidópteros.[6][7] Tamén se introduciron dúas especies de escaravellos da familia dos carábidos, dúas especies de moscas parasitoides da familia dos taquínidos, e outras especies de avespas parasitoides da familia dos icneumónidos.[8]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zahiri, Reza (2011). "Molecular phylogenetics of Erebidae (Lepidoptera, Noctuoidea)". Systematic Entomology 37: 102–124. 
  2. Lafontaine, Donald; Schmidt, Christian (19 Mar 2010). "Annotated check list of the Noctuoidea (Insecta, Lepidoptera) of North America north of Mexico". ZooKeys 40: 26. doi:10.3897/zookeys.40.414. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Lymantria dispar (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 28 de abril de 2021.
  4. Lymantria en Thr Free Dictionary.
  5. ""Economic Impacts of Non-Native Forest Insects in the Continental United States" at Journalist's Resource.org". 
  6. [1] Arquivado 26 de novembro de 2018 en Wayback Machine. Entomology, Wisconsin
  7. [2] Literature Review of Ooencyrtus Kuvanae: (Encyrtidae) an Egg Parasite of Lymantria dispar. Entomophaga.
  8. Bugguide.net. Introduced Biocontrols.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barbosa, P. & Greenblatt, J. (1979): "Suitability, digestibility and assimilation of various host plants of the gypsy moth Lymantria dispar L. (Lepidoptera, Lymantriidae)". Oecologia 43(1): 111-119.
  • Barbosa, P.; Waldvogel, M.; Martinat, P. et al. (1983): "Developmental and reproductive performance of the gypsy moth, Lymantria dispar (Linnaeus) (Lepidoptera, Lymantriidae), on selected hosts common to mid-atlantic and southern forests". Environmental Entomology 12(6): 1858-1862.
  • Dwyer, G. & Elkinton, J.S. 1993. Using simple-models to predict virus epizootics in gypsy-moth populations. Journal of Animal Ecology 62(1): 1-11
  • Elkinton, J.S.; Healy, W.M.; Buonaccorsi, J.P.; Boettner, G.H.; Hazzard, A.M.; Smith, H.R. & Liebhold, A.M. 1996. Interactions among gypsy moths, white-footed mice, and acorns. Ecology 77(8): 2332-2342
  • Fullard, James H. & Napoleone, Nadia. 2001. Diel flight periodicity and the evolution of auditory defences in the Macrolepidoptera. Animal Behaviour 62(2): 349–368. doi 10.1006/anbe.2001.1753 PDF completo
  • Gansner, D.A.; Herrick, O.W.; Mason, G.N. & Gottschalk, K.W. 1987. Coping with the gypsy moth on new frontiers of infestation. Southern Journal of Applied Forestry Research 11: 201-209
  • Gould, J.R.; Elkinton, J.S. & Wallner, W.E. 1990. Density-dependent suppression of experimentally created gypsy moth, Lymantria dispar (Lepidoptera, Lymantriidae), populations by natural enemies. Journal of Animal Ecology 59(1): 213-233
  • Porter, Jim. 1997. The Colour Identification Guide to Caterpillars of the British Isles (Macrolepidoptera). Viking, London. pp. 81
  • Rossiter, M.C. 1991. Maternal effects generate variation in life-history - consequences of egg weight plasticity in the gypsy moth. Functional Ecology 5(3): 386-393
  • Waring, P., Townsend, M. e Lewington, R. 2003. Field Guide to the Moths of Great Britain and Ireland. British Wildlife Publishing, Hook, UK. pp. 211
  • Weseloh, R.M. & Andreadis, T.G. 1992. Epizootiology of the fungus Entomophaga maimaiga, and its impact on gypsy moth populations. Journal of Invertebrate Pathology 59(2): 133-141

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]