Luis Pernas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Pernas
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Narón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Luis Pernas Novo, nado na Solaina (Narón) en 1975, é un culturista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Luis Pernas comezou a competir en culturismo en 1995 e proclamouse campión galego en 1999, así como campión de España dos pesos pesados en 2003, 2006 e 2008. Tamén gañou distintos torneos abertos e en 2010 no Arnold Classic, o campionato mundial da Federación Internacional de Culturistas (IFBB). En 2014 proclamouse Mister Universo e Mister Universo Talle Medio nos campionatos do mundo da IFBA, unha das federacións internacionais deste deporte, que ten sede en Italia[1].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É dono de ximnasios[2] e tendas de alimentación deportiva, e traballa como técnico informático da Universidade da Coruña[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Luis Pernas Mr Universe". Web da IFBA (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2016. 
  2. "Luis Pernas Novo: “El culturismo es superación personal y una forma de vida”". El Correo Gallego (en castelán). 28 de marzo de 2010. Consultado o 21 de febreiro de 2016. 
  3. "«En Estados Unidos los culturistas son estrellas; aquí nos llaman bichos raros»". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 21 de febreiro de 2016.