Luis Otaduy Guerreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Otaduy Guerreiro
Biografía
Nacemento1930 Editar o valor em Wikidata (93/94 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , escritor Editar o valor em Wikidata

Luis Otaduy Guerreiro, nado en Ferrol en 1930, foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Luis Otaduy Vázquez, médico de Fene. Estudou no Tirso de Molina ata 1939.[1] Ao rematar a Guerra Civil a familia trasladouse a Madrid, aínda que pasaban as vacacións en Ferrol. Estudou Dereito e exerceu de avogado en Ponferrada e despois en Madrid, onde compartiu despacho con Cristina Almeida, Jaime Sartorius e José Jiménez de Parga.[1] En 1967 entrou na asesoría xurídica de Bazán. En 1970, durante o proceso de Burgos, foi un dos letrados que se pecharon no Colexio de Avogados de Madrid pedindo piedade para os condenados a morte.[1]

Publicou artigos e contos en La Hora e crónicas humorísticas na revista Robledo; dende 1975 publicou con regularidade en Informaciones, Tribuna Vasca, Ya e El Ideal Gallego.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Las hijas del capitán (de navío), 2009.
  • Cuentos de la España de Franco, 2008.
  • Rumbo norte, 2010.
  • Tenerife y las palabras. Cuadernos de Canarias, 2010.
  • A orillas del Elba. Españoles en Hamburgo, 2010.
  • El cuaderno amarillo, 2011.
  • Gándaras y esteros ; A troita de pé, 2016.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Siro (7 de outubro de 2012). "Un avogado escritor". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 1 de xuño de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]