Lolo Rico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLolo Rico
Biografía
Nacemento(es) María Dolores Rico Oliver Editar o valor em Wikidata
1935 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xaneiro de 2019 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturacemiterio de Polloe Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora , realizadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorTelevisión Española Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioLolo Rico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosSantiago Alba Rico, Isabel Alba Rico, Nicolas Alba (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina weblolorico.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: loloricooliver Musicbrainz: 7a09f8f3-a7e6-4d0b-9b82-b5b857c67970 Discogs: 3550744 Editar o valor em Wikidata

María Dolores Rico Oliver, nada en Madrid en 1935 e finada en Donostia o 19 de xaneiro de 2019, foi unha escritora, realizadora de televisión, guionista e xornalista española.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Madrid, durante a guerra civil a familia trasladouse a Donostia. Viviu unha infancia marcada pola posguerra. O seu pai, severo e de dereitas soubo transmitirlle o aprecio polos libros. A lectura e a escritura foron o seu refuxio dende idade temperá. Con once anos esforzousese por entender Psicopatoloxía da vida cotiá de Sigmund Freud e O capital de Marx, libros que formaban parte da biblioteca familiar.[2]

Comezou estudos de Belas Artes, que abandonou decidida a dedicarse á literatura. Despois, á idade de vinte e tres anos contraeu matrimonio co empresario Santiago Alba, dedicándose á vida familiar.[3] Segundo explicou na súa autobiografía, foi un matrimonio triste, que se separou anos despois, cando xa tiveran sete fillos xuntos.[4]

En Barcelona coñeceu a Carlos Barral, Juan Marsé, Ana María Moix e Jaime Gil de Biedma. Máis tarde entrou na Facultade de Ciencias da Información de Madrid. Cambiando o rumbo da súa vida militou no Partido Comunista.[3]

Posteriormente, chegou o seu traballo en TVE e o éxito profesional. Foi pioneira, alcanzando a dirección dun programa de televisión. Faleceu dunha parada cardiorrespiratoria en Donostia o día 19 de xaneiro de 2019, aos 83 anos.[5][6][7][8] Foi incinerada e as súas cinzas enterradas, por desexo da súa familia, no cemiterio de Polloe, a poucos metros da sepultura de Clara Campoamor.[9]

Foi nai do filósofo Santiago Alba Rico, da escritora, guionista e fotógrafa Isabel Alba Rico, do escultor e escenógrafo Nicolás Alba Rico e avoa de Nagua Alba (deputada no Congreso dos Deputados por Guipúscoa e secretaria Xeral de Podemos Euskadi).[10][11]

Tras o seu falecemento, os seus fillos doaron a biblioteca persoal de Lolo Rico, composta por máis de 5000 exemplares entre libros, CDs e DVDs, á biblioteca de Navarra.[12]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira escribindo contos infantís e traballando en Radio Nacional de España e en TVE.

Para Radio Nacional dirixiu e escribiu nos anos 70 o programa infantil Dola, Dola, tira la bola, para o que creou a personaxe de Dola e polo que recibiu en 1977 un Premio Ondas.[13] Nesa mesma década converteuse en guionista de espazos infantís, como La casa del reloj e Un globo, dos globos, tres globos na década de 1970.

Como creadora e directora iniciouse en 1981, co espazo La cometa blanca, en que se emitían sketches, animación propia e actuacións en directo. Xa en 1984, creou para a mañá dos sábados o famoso programa La bola de cristal, presentado por Alaska. Tratábase dun programa de marcado estilo innovador que recolleu parte das modas e ideas da movida madrileña.[13]

Foi a primeira muller en dirixir un espazo televisivo e responsable da área de programas infantís e xuvenís de TVE.[14]

En 2008, Lolo Rico publicou as súas memorias Cómo es posible que el tiempo pase tan rápido y yo no me dé cuenta.[12]

Obra[editar | editar a fonte]

Literatura infantil e xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Se vende Villacañitas, Ediciones Anaya, 1967. ISBN 978-84-207-0881-2
  • Los cuentos del sarampión, ilustracións de Luis Ignacio de Horna, Ediciones Anaya, 1968, Salamanca. ISBN 978-84-207-0468-5
  • Piedras Grises, Editorial Molino, 1971, Barcelona.
  • Angelita, la ballena chiquitita, Editorial Miñón, 1975
  • El mausito, ilustraciones de José Ramón Sánchez, Editorial Miñón, 1975
  • Llorón hijo de dragón, ilustraciones de Miguel Fernández-Pacheco, Editorial Miñón, 1975, Valladolid, ISBN 10: 843550459X
  • Josfa, su mundo y la oscuridad, La galera, ISBN-10: 842464512X
  • Cuentos del cine, Editorial Miñón, 1976
  • Cuentos del teatro, Editorial Miñón, 1976
  • Cuentos del circo, Editorial Miñón, 1976
  • Cuentos de los juegos, Editorial Miñón, 1976
  • Ramón Ge Te, Noguer, 1982, ISBN 84-279-3135-2
  • Nikolás Malencovich. Eldragón en el bolsillo, Montena Ediciones, 2006, ISBN::978-84-8441-311-0
  • Nikolás Malencovich. Nosotros estamos aquí, Montena Ediciones, 2006, ISBN:978-84-8441-312-7

Literatura para adultos[editar | editar a fonte]

  • ¿Cómo leer un libro?, Lolo Rico e Antonio Mingote, Editorial Magisterio Español, Prensa Española y Editora Nacional, 1975.
  • Filmoteca infantil: una selección de películas y series (3-12 años), Lolo Rico; Villar Arellano Yanguas (coord.) Caja de Ahorros de Navarra, 2010. ISBN 978-84-96506-21-3.
  • Cómo es posible que el tiempo pase tan deprisa y yo no me dé cuenta,[memorias] Barcelona: Plaza & Janés, 2008. ISBN 978-84-01-30555-9.
  • Nosotros estamos aquí!. Barcelona: Montena, 2006. ISBN 978-84-8441-312-7.
  • Cartas de una madre de izquierdas a una hija de derechas. Barcelona: Plaza & Janés, 2004. ISBN 84-01-30523-3.
  • Cómo hacer que tus hijos lean: análisis y recetas. Madrid: Alfaguara, 2003. ISBN 84-204-4406-5.
  • El libro de "La bola de cristal". Barcelona: Plaza & Janés, 2003. ISBN 84-01-37838-9.
  • Si tu hijo te pide un libro. Madrid: Espasa Calpe, 1999. ISBN 84-239-7796-X.
  • T.V., fábrica de mentiras: la manipulación de nuestros hijos. Madrid: Espasa Calpe, 1994. ISBN 84-239-9108-3.
  • El buen espectador: cómo ver y enseñar a ver la televisión. Madrid: Espasa Calpe, 1994. ISBN 84-239-7716-1.
  • Si yo fuera rica. Madrid: Espasa-Calpe, D.L. 1993. ISBN 84-239-8612-8.
  • Castillos de arena: ensayo sobre literatura infantil. Granada: Alhambra, 1986. ISBN 84-205-1411-X.
  • Los hijos: infancia, familia, adolescencia, juventud, adopción. Madrid: Rialp, [1975]. ISBN 84-321-1800-1.
  • Escritores frente a la tortura. Relatos. Álvaro Durán. Carlos Fabetti, Luis L. Lloret, Javier Maqua, Lourdes Ortiz, Ignacio Pastor, Lolo Rico, Juana Salabert etc., Talasa Ediciones, 1997.
  • Escritores sobre el racismo. (Colaboración), Talasa Ediciones e SOS Racismo, 1998.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Un invierno en la vida de gran oso, de Jean-Claude Brisville. Miñón, 1981
  • Discursos y textos políticos, de François Mitterrand, Sociedad General Española de Librería, 1982.
  • Consuelo de Saint-Exupèry: la rosa del principito de Paul Webster, Espasa-Calpe, 1993.
  • Lo que yo he visto en la prisión de la Santé, de Veronique Vasseur, Hiru, 1999.
  • Cartas abisinias, de Arthur Rimbaud, tradución, notas, prólogo e epílogo de Lolo Rico, coa colaboración de Marijose Oliver, Ediciones del Viento, 2010

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrevista a Lolo Rico, escritora, periodista y realizadora de televisión | AcademiaTV" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2017. Consultado o 9 de decembro de 2017. 
  2. Polanco, José Luis (2019). "Lolo Rico de la lectura y otras pasiones". N. 129: p.79–87. ISSN 1130-8370. 
  3. 3,0 3,1 Polanco, José Luis (2019). "Lolo Rico de la lectura y otras pasiones". N. 129: p.79–87. ISSN 1130-8370. 
  4. "Fotos: Lolo Rico, la cabeza de ‘La bola de Cristal’". El País (en castelán). 28 de xullo de 2017. Consultado o 9 de decembro de 2017. 
  5. "Muere Lolo Rico, creadora y directora del programa 'La bola de cristal'". 2019. 
  6. Higueruela, Gustavo (20 de xaneiro de 2019). "Muere Lolo Rico, creadora y directora de 'La bola de cristal'" (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2019. 
  7. "Fallece Lolo Rico, la mujer que quiso regalar su bola de cristal". 
  8. "Muere Lolo Rico, creadora de la bola de cristal". 
  9. "Localizador de sepulturas del cementerio de San Sebastian". 
  10. "Santiago Alba Rico: 'Hoy la única revolución es negra, está en el otro lado'" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2017. 
  11. Gorospe, Pedro (30 de agosto de 2017). "Nagua Alba lanza las primarias en Podemos Euskadi y dice que no se presentará". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2017. 
  12. 12,0 12,1 pamplonaactual (20 de xuño de 2019). "Navarra recibe en donación la biblioteca personal de Lolo Rico, creadora de 'La Bola de Cristal' -" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2019. Consultado o 4 de xullo de 2019. 
  13. 13,0 13,1 "Premios Ondas 1977" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2017. Consultado o 9 de decembro de 2017. 
  14. Alba Rico, Isabel (21 de xaneiro de 2019). "Opinión | Gracias, madre". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 4 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]