Guerra electrónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Área da defensa dedicada ó uso de sinais para detección de elementos hostís e a evitación do uso das sinais por parte deses elementos.

Os comezos da guerra electrónica poden datarse co uso da telegrafía sen fíos ou do radiogoniómetro, cuxo uso estenderíase durante a I Guerra Mundial. Pero non é ata a invención do radar cando se fai algo imprescindible na loita aeronaval. Os exércitos non deben dominar só o campo de batalla, senón tamén o campo electromagnético.

Nos últimos tempos a Guerra Electrónica cumpre unha función ofensiva tralo desenvolvemento da tecnoloxía AEGIS. Os radares SPY montados en buques con tecnoloxía AEGIS poden enviar sinais no campo electromagnético de millóns de vatios capaces de anula-los instrumentos electrónicos de elementos inimigos (ver Pulso electromagnético).